spot_img
InicioAlto MinhoAdiamento da XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira

Adiamento da XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira

Adiamento da XXI Bienal Internacional de Arte de CerveiraA Fundación Bienal de Arte de Cerveira vén de comunicar que a data da XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira será adiada, decorrendo de 1 de agosto a 31 de decembro de 2020 e non de 10 de xullo a 13 de setembro, como previamente anunciado.

A edición será presentada nun formato dobre, isto é, presencial (logo que as condicións epidemiolóxicas permitan), mais dando primazia á visita virtual a través da creación dunha plataforma dixital.

A alteración xorde no seguimento da deliberación do Concello de Vila Nova de Cerveira de adiamento de todos os eventos de cariz público incluídos na agenda até 31 de xullo, como medida de carácter preventivo de combate á expansión da COVID-19, tendo en conta as orientacións da Dirección-Xeral da Saúde ( DGS), do goberno portugués e da Organización Mundial de Saúde (OMS).

Neste ámbito, e reforzando a internacionalización do evento, a Fundación Bienal de Arte de Cerveira está tamén a preparar unha edición dixital, que permitirá ao público a visita virtual á bienal de arte máis antiga do país e da Península Ibérica a partir de calquera parte do mundo.

Ao longo dos seus case 42 anos de existencia, a Bienal Internacional de Arte de Cerveira viviu períodos difíciles e momentos de certo éxito – todos eles confirmaron a súa capacidade de adaptación e reinvención, legitimando a súa continuidade.

- Publicidade -spot_img