spot_img
InicioVal MiñorNigránO xurado do concurso de carteis 'Quin Alborés' elixe a imaxe do...

O xurado do concurso de carteis ‘Quin Alborés’ elixe a imaxe do deseñador gráfico Leonardo Abate para difundir o Nigranjazz 2022

O xurado do concurso de carteis 'Quin Alborés' elixe a imaxe do deseñador gráfico Leonardo Abate para difundir o Nigranjazz 2022En total, presentáronse 84 propostas de todo o país. Leonardo Abate traballa como deseñador gráfico e publicitario freelance en Barcelona, tendo gran experiencia no sector da música

Revista COUSAS DE Nº13

O xurado do concurso de carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz’,  certame promovido polo Concello de Nigrán, elexiu a proposta ‘The Sweetest Sound’ do deseñador gráfico Leornardo Abate entre as 84 recibidas de toda España. A imaxe de dúas garzas cunhas ás que simulan un teclado centra este cartel completamente verdes agás o rosa e branco das tipografía.

O xurado destaca a elegancia e sensación de delicadeza da proposta gañadora, con dúas garzas  totalmente realistas e  cuxas ás evocan un piano, facendo así clara referencia á contorna onde se celebra o festival e á propia finura do jazz. Ademais, valora a orixinal elección das cores e o acerto na mestura das mesmas, resultando un cartaz moi diferente ás anteriores edicións e outorgando así unha frescura nova ao certame. Finalmente, o Xurado subliña o acerto na propia maquetación, dando como resultado un cartel ordenado, limpo e esteticamente moi atractivo. Sobre 9 finalistas seleccionados inicialmente sobresaíron claramente 3 propostas: ‘The Sweetest Sound’, ‘Ja22’ e ‘Esa garza parece un saxo’, decantándose maioritariamente o Xurado pola primeira delas.

Leonardo Abate, gran amante do jazz, é deseñador gráfico e publicitario (Nueva Escuela de Diseño y Comunicación de Buenos Aires, promoción 1996/2000), está afincado en Barcelona e traballa de manera freelance, pertencendo a maioría dos seus clientes ao sector da música (festivais, asociacións…). A súa labor comprende dende a cartelería para concertos ao deseño e mantemento web, cápsulas para redes sociais, marketing online… Conta entre os seus clientes con Estrella Damm Curtcircuit, MIM (Mujeres de la Industria de la Música), Ciclo Club Circuit, Associació de Sales de Concerts de Catalunya…

O certame ‘Quin Alborés’ rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista falecido nigranés Quin Alborés, moi afeccionado ao jazz e quen impulsou o festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

 

- Publicidade -spot_img