spot_img
InicioCondado ParadantaA ParadantaA Cañiza retoma a colaboracion coa Via Mariana de Peregrinacion Luso Galaica...

A Cañiza retoma a colaboracion coa Via Mariana de Peregrinacion Luso Galaica que una Braga con Muxía

A Cañiza retoma a colaboracion coa Via Mariana de Peregrinacion Luso Galaica que una Braga con MuxíaEsta é unha Vía chea de paisaxe e patrimonio cultural e espiritual, apoiado por 29 institucións cun obxectivo común: crear sinerxias para loitar contra as zonas rurais máis desfavorecidas, mellorar a calidade de vida dos homes e mulleres destas zonas e ponderar a nosa riqueza paisaxística, patrimonial e relixiosa, como un revulsivo para proxectar as zonas rurais luso galaicas máis deprimidas coñecidas como o “deserto verde”. Esta vía tamén está concebida como un punto de encontro espiritual .

Revista COUSAS DE Nº13

O Pleno do Concello da Cañiza celebrado o pasado 2 de xuño, aprobou a sinatura dun Convenio de Colaboración coa Asociación de Veciños de Parada – A Paradanta e a  Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada de Achas para a recuperación do entorno do Feirón, na parroquia de Parada e punto medio e de encontro da Vía entre Braga e Muxía.

Neste emprazamento da Cañiza construirase un pequeno Albergue de Peregrinos nun antigo local que antaño estaba destinado á carnicería e dun moderno centro de interpretación no actual centro cultural do Feirón. Unha edificación que será rehabilitada e adaptada conforme aos proxectos cos que xa conta o Concello.

🟡▶️A Cañiza retoma a colaboracion coa Via Mariana de Peregrinacion Luso Galaica que una Braga con Muxía
1º Encontro transfronteirizo de alcaldes, marzo de 2020

Dúas obras que serán definitivas para converter Parada, e polo tanto A Cañiza nun lugar de referencia para os peregrinos. Antes da Pandemia, en menos dun ano a Vía xa tiña expedida  500 credenciais e contaba con 5 páxinas de Facebook en 5 países en mans de socios colaboradores: Portugal, España, Alemania, Hungría e República Checa.

Segundo manifestou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, “esta vía é un proxecto altruista e ambicioso feito coa suma de talentos e vontades con moitos obxectivos á vista pero principalmente para atraer inversións e desenvolvemento para A Cañiza”.

“Por eso o Concello da Cañiza asume o compromiso de buscar e captar  e obter a financiación necesaria para este proxecto, en calquera das administracións públicas (axudas  da Unión Europea, ministeriais, autonómicas ou provinciais)”.

“Tamén se compromete a desenvolver todas aquelas accións que teñan como obxectivo principal o asentamento de bases para a creación de riqueza, neste caso co turismo como cun gran potencial para loitar contra a despoboación do rural e para dinamizar e promover accións económicas revitalizadoras”.

- Publicidade -spot_img