spot_img
InicioVal MiñorNigránA firma de moda inclusiva 'JuanMariaByLolola' terá un local no novo centro...

A firma de moda inclusiva ‘JuanMariaByLolola’ terá un local no novo centro comercial de Porto do Molle

A firma de moda inclusiva 'JuanMariaByLolola' terá un local no novo centro comercial de Porto do MolleA firma de moda inclusiva do CEE Juan María de Nigrán disporá dun espazo gratuíto para tenda no futuro parque comercial ‘Nasas Nigrán’, sumándose así ao establecemento de Vialia en Vigo

Revista COUSAS DE Nº13

O alcalde de Nigrán, Juan González, e o director xeral de Lopez Real 21, promotores del parque comercial ‘Nasas Nigrán’, José Antonio García, comunicaron oficialmente este venres ao CEE Juan María o acordo para ceder un local comercial á firma de moda inclusiva ‘JuanMariaByLolola’. Esta tenda en Porto do Molle, sumada á que xa teñen nas mesmas condición en Vialia, contribuirá a reforzar enormemente a marca. Precisamente, este proxecto de formación dual nado no 2019 froito da colaboración entre a deseñadora Lola Rande e o Centro de Educación Especial, foi seleccionado a semana pasada pola Fundación Alares como finalista dos ‘XI Premios a la Excelencia en la Inclusión Laboral y la Prevención de Riesgos Laborales de las Personas con Discapacidad’, resultado que se dará a coñecer nunha gala en Madrid este mércores 22 de Xuño.

“Nasas non só será un motor de emprego e riqueza para a comarca, se non que contribuirá á consolidación de ‘JuanMariaByLolola’ como marca e como empresa”, destaca o alcalde, Juan González, quen louba o talante social e solidario do grupo López Real 21. “A marca JuanmariaByLolola é a mellor embaixadora do ‘Nigrán para todos’ que estamos a construír, por iso considerábamos fundamental que contase coa súa propia tenda precisamente en NASAS, e nese sentido hai que dicir que a dirección do parque comercial acolleu a idea con entusiasmo e, de feito, o ceden”, subliña o rexedor. “Para nos é unha oportunidade marabillosa porque garante a continuidade de ‘JuanMaríaByLolola’ e, de seguro, permite contratar a máis persoas con diversidade, porque compre recordar que o noso obxectivo é o beneficio social, non o económico”, destacan desde o centro educativo.

“Somos un grupo inversor amable onde o que importan son as persoas, por iso temos a nosa propia Fundación López Mariscal con proxectos de diferente tipo e, tendo en conta que estamos en Nigrán, tiñamos claro que queríamos colaborar de xeito directo con entidades como o CEE Juan María”, sinala o seu director xeral, José Antonio García, quen visitou persoalmente o centro o pasado ano e quen destaca tamén o emprego inclusivo que xerarán as diferentes marcas con presencia no parque. “Será un centro comercial e de ocio moderno, competitivo, accesible e sostible” con especial atención a puntos de recarga para vehículos eléctricos, aparcadoiros de bicicletas, plazas familiares ou un punto click&collect para recoller pedidos de comercio electrónico.

Nasas-Nigrán será a gran novidade de 2022 en toda España, non contemplándose ata entón a apertura de ningún similar. Ocupará unha parcela de 60.000 m² desenvolvéndose máis de 30.000 m² de superficie comercial que darán cabida a 30 locais comerciais e de ocio; cun investimento de 55 millóns de euros e xerando máis de 350 empregos directos, 150 indirectos e 270 operarios en fase de obra. Entre as principais marcas que estarán presentes, figuran, en alimentación: EROSKI VEGALSA, en bricolaxe: LEROY MERLÍN, en equipamento do fogar/decoración: JYSK, SAKITO, MAX COLCHÓN, en deporte: SPRINTER, JOMA e DECATHLON, en moda: MERKAL, KIABI y PEPCO e JUANMARÍABYLOLOLA, en muno mascotas: TIENDANIMAL, en ocio e restauración: McDONALDS, KFC, DIVERLAND, GYM, SUSIKO… Unha ampla oferta que permite calcular en 5 millóns o número de visitas no seu primeiro ano de apertura. “Vimos a completar a oferta comercial da comarca, non a competir”, engadíu José Antonio, quen subliña que López Real 21 é un grupo de capital 100% español, especializado precisamente en espazos comerciais de “proximidade” e transformación urbana.

- Publicidade -spot_img