spot_img
InicioBaixo MiñoA Asociación Vontade co seu programa de atención temperá presta servizo a...

A Asociación Vontade co seu programa de atención temperá presta servizo a máis de 22 nenas e nenos do Baixo Miño

A Asociación Vontade co seu programa de atención temperá presta servizo a máis de 22 nenas e nenos do Baixo MiñoNa comarca do Baixo Miño existe un recurso destinado a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade ofertado dende a Mancomunidade e chámase Vontade. Este servizo conta con profesionais das áreas de Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia.

Revista COUSAS DE Nº13

Vontade apoia e complementa este recurso de Atención Temperá co servizo de Terapia Ocupacional, do que se están a beneficiar máis de 22 nenas e nenos. A finalidade do mesmo é proporcionar tanto ás familias como á infancia con dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecelas, a mellor atención posible e acadar a máxima autonomía na realización das distintas actividades da vida diaria.

Para poder levalo a cabo, este servizo de Terapia Ocupacional ofertado pola Asociación Vontade, conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia dunha contía total de 20.000€ procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7€ do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

Existe unha necesidade real  de traballar dende un enfoque proactivo, dende a prevención e actuación precoz para poder reducir ou evitar a aparición de futuras discapacidades, así como fomentar a autonomía e benestar dos nenos e nenas.

Este programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e xestionado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Vontade é unha a asociación sen ánimo de lucro que nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño. Dende a entidade traballan por defender os dereitos deste colectivo ofrecendo os recursos precisos para fomentar a autonomía e autorrealización persoal e a inclusión social. Dende o seu centro de recursos para persoas con discapacidade situado en Tomiño, ofrecen distintos servizos (Centro diúrno-terapéutico, atención á infancia, información e asesoramento, terapias individualizadas, etc.) dende as seguintes áreas profesionais: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.

Grazas ás persoas contribuíntes que están a marcar ou marcaron a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, proxectos como o de Vontade son posibles e poden seguir apoiando ás persoas na consecución dos seus obxectivos de vida.

A Asociación de persoas con Discapacidade Vontade atópase situada no barrio A Rocha 19B en Tomiño, 36740. Pódese contactar connosco no número de teléfono 986.62.30.44 ou no enderezo electrónico info@vontade.org. Tamén se pode ter acceso a máis información na nosa páxina web www.vontade.org ou no noso perfil de Facebook @Asociación.Vontade

- Publicidade -spot_img