Inicio Baixo Miño O xerente do Xacobeo presenta o libro ‘La catedral de Tui desde...

O xerente do Xacobeo presenta o libro ‘La catedral de Tui desde su plan director’

xerente-do-xacobeo-presenta-o-libro-la-catedral-de-tui-desde-su-plan-director

A catedral de Tui acolleu a presentación do libro ‘La catedral de Tui desde su plan director’, editado por Turismo de Galicia.

O acto contou coa participación do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela; do deán do Cabido de Tui, José Diéguez Dieppa; do bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza; do director e coordinador do Plan director catedralicio de Tui, Iago Seara Morales; e do representante da Fundación Montemadrid, Gabriel Morate.

comillasA publicación, editada por Turismo de Galicia, resume este completo traballo que, elaborado por un numeroso equipo interdisciplinar, afonda no coñecemento e o proceso de formación e desenvolvemento do conxunto catedralicio, ao tempo que deseña e avanza as futuras actuacións a realizar sobre este

O libro constitúe unha atractiva obra de divulgación do patrimonio cultural galego que dá a coñecer o monumento, tanto para o público especializado como para calquera que se aproxime ao libro e á catedral con curiosidade e interese.

Esta publicación está tamén chamada a ser un referente e unha fonte documental de consulta obrigada para calquera actuación que se propoña sobre a propia catedral e o magnífico e complexo conxunto edificado que xerou no seu ámbito.

comillasEsta publicación está chamada a ser un referente e unha fonte documental de consulta obrigada para calquera actuación que se propoña sobre a propia catedral

Un traballo de documentación, investigación, análise, crítica e proposta para a conservación e a restauración que atende aspectos tan dispares como a arqueoloxía da catedral, a vinculación desta co Camiño de Santiago, o protagonismo da catedral na construción e evolución do ambiente da cidade e o seu urbanismo, ou a revalorización da vida social e económica.

Este compendio de estudos reúne, así, nun único documento, o coñecemento sobre a historia do conxunto catedralicio tudense, a diagnose espacial e construtiva, o estudo crítico das intervencións sistemáticas e asistemáticas realizadas ao longo da súa historia e un ambicioso programa de propostas para futuras intervencións.

Durante o acto de presentación, o xerente do Xacobeo sinalou que o Camiño Portugués de peregrinación a Santiago configura dende a Idade Media unha fecunda canle de cultura e tradición. Rafael Sánchez destacou que, na actualidade, este itinerario representa unha das rutas xacobeas de maior popularidade grazas á súa historia, á beleza do seu trazado, á forza da memoria e ao gran patrimonio artístico e cultural que atesoura.

En relación ao Plan director do conxunto catedralicio de Tui e ao libro presentado, Rafael Sánchez explicou que é unha das iniciativas incluídas no Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago, o cal centra unha das súas liñas de actuación: a posta en valor do patrimonio da Ruta Xacobea.

Segunda Ruta Xacobea
No pasado ano o Camiño Portugués foi percorrido por un total de 43.151 peregrinos, sendo a segunda Ruta Xacobea máis transitada, ao representar o 16,44% do total de peregrinos que realizaron o Camiño de Santiago no 2015. Neste ano, estas cifras van en aumento. Así, un total de 1.887 peregrinos xa escolleron o Camiño Portugués para chegar a Compostela, 150 máis que no mesmo período do pasado ano.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies