Inicio Baixo Miño A Guarda A Deputación de Pontevedra reúne aos alcaldes galegos e portugueses do Miño...

A Deputación de Pontevedra reúne aos alcaldes galegos e portugueses do Miño nun acto simbólico de cooperación transfronteiriza

a-deputacion-de-pontevedra-reune-aos-alcaldes-galegos-e-portugueses-do-mino-nun-acto-simbolico-de-cooperacion-transfronteiriza

O Parador de Tui foi punto de encontro para presentar publicamente os proxectos de preservación e valorización do río Miño que aspiran a acadar 7,5 millóns de euros de fondos europeos

Coincidindo co aniversario do Tratado de Lisboa de 1668 polo que se firmou a paz entre España e Portugal, a Deputación de Pontevedra reuniu hoxe no Parador de Tui aos alcaldes dos concellos do río Miño galegos e portugueses e a investigadores e representantes sociais da zona nun acto simbólico para potenciar a cooperación entre ambas partes da fronteira.

A xuntanza  serviu para dar a coñecer os proxectos de preservación e valorización do río Miño transfronteirizo cos que se pretenden obter 7,5 millóns de fondos europeos dos programas Interreg V A-POCTEP e tamén para asinar a ‘Declaración de Tui’, un documento que compromete á institución provincial e á CIM Alto Minho, organismo homógolo portugués, a seguir traballando en conxunto.

No acto, que comezou ás 11 da mañá, estiveron presentes a presidenta da Deputación, Carmela Silva, así como o presidente da CIM Alto Minho, José María Costa. Tamén participaron o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, así como os rexedores de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente, Melgaço, Monçao, Valença, Paredes de Coura, Vila Nova de Cerveira e Caminha.

Así mesmo, houbo representantes da Xunta de Galicia, da Universidade de Vigo, da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, da Comandancia Naval de Tui e de Porto de Caminha, de Adriminho, da Agência Portuguesa do Ambiente, da Fundación Monte Aloia ou de Ponte nas Ondas, entre outros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies