Inicio Val Miñor Gondomar A Xunta promove en Gondomar a formación especializada dos profesionais da artesanía...

A Xunta promove en Gondomar a formación especializada dos profesionais da artesanía téxtil galega

artesania (Copiar)

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro visitaron hoxe en Gondomar o curso “Patronaxe e montaxe dun branco”, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, no marco da súa programación de formación especializada para profesionais do sector artesán.

comillasEconomía, Emprego e Industria desenvolve, en colaboración coas asociacións profesionais de artesáns, actividades centradas no deseño e a moda para impulsar a colaboración da artesanía con outras áreas de traballo

Esta acción de formación, impartido por Rebeca Rodríguez González e Dolores Pastoriza Ferradás, iniciouse no pasado mes de novembro e rematará o vindeiro 21 de febreiro. A través desta iniciativa os 22 alumnos participantes coñecen as técnicas actuais de patronaxe e montaxe de prendas, realizan patróns de distintos modelos, e rematarán cosendo e ensamblando os distintos compoñentes da prenda.

A colaboración entre a artesanía e outras áreas de traballo, e a organización de actividades de impulso á formación e á conservación dos oficios artesanais tradicionais forman parte da estratexia da Consellería de Economía, Emprego e Industria recollida no Plan de Artesanía de Galicia, que busca promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies