spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO UM16 xa viaxa á República Checa onde o monopraza competirá a...

O UM16 xa viaxa á República Checa onde o monopraza competirá a próxima semana

o-um16-xa-viaxa-a-republica-checa-onde-o-monopraza-competira-a-proxima-semana

O UM16, o monopraza co que o equipo UVigo Motorsport competirá o vindeiro mes de agosto na República Checa e en Barcelona, xa viaxa rumbo ao Autodrom Most onde competirá entre os dias 3 ao 6 de agosto. O vehículo co que o primeiro equipo de Formula Student de Galicia volverá por segundo ano consecutivo aos circuítos, partiu da Escola de Enxeñería Industrial a bordo dun camión que o trasladará á República Checa, ata onde os e as integrantes do equipo UVigo Motorsport viaxarán en avión.

Un monocasco de fibra de carbono, aleróns e un difusor, principais novidades do vehículo

Dos 23 estudantes de diferente ramas de Enxeñaría Industrial cos que se iniciou o proxecto este ano, rematan 18, proba da complexidade de compatibilizar estudos e traballo ao longo dos meses. Esta vintena de estudantes son os encargados e encargadas de abranguer todos os aspectos do proxecto, desde a investigación e o deseño, pasando pola fabricación e realización de probas, ata a xestión do traballo en equipo e a económica, así como a dirección de marketing.

Da experiencia atesourada na súa primeira participación en Formula Student xorden as novidades que, respecto do seu antecesor o UM15, presenta o monopraza desenvolvido nos últimos meses, no que se substituiu o chasis de aceiro tubular por un monocasco de fibra de carbono, mellorando a resistencia do fórmula e reducindo o seu peso de xeito significativo. “A isto engádese a inclusión de aleróns dianteiro e traseiro, así como dun difusor, o obxectivo de mellorar o comportamento do monopraza e permitir obter máis puntuación nas probas de deseño, por mor da alta complexidade destes compoñentes”, explican os e as integrantes do equipo, que tamén destacan a redución do peso en 30 quilos, ata situarse en 180 e a mellora do sistema electrónico, engadindo novas funcións, como o acelerador electrónico e a inclusión dun armario de control externo, o que supón unha novidade na competición.

o-um16-xa-viaxa-a-republica-checa-onde-o-monopraza-competira-a-proxima-semana
O equipo UVigo Motorsport ultimando a montaxe do monopraza

Do 25 ao 28 de agosto a cita será en Montmeló, Barcelona, onde os e as integrantes de UVigo Motorsport viaxará en coche e o monopraza de novo en camión. “Acudimos con altas expectativas, xa que pretendemos asaltar a parte alta da clasificación, así como quedar como mellor equipo español na competición, obxectivos ambiciosos, para un proxecto ambicioso, que esperamos que se cumpra”, explican os e as integrantes do equipo.

//Uni.-Vigo

- Publicidade -spot_img