O pasado sábado día 30 de Xullo na praia de Ladeira, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, organizo unha nova edición do xa tradicional torneo de Volei praia.
O torneo foi un éxito en participación, xa que contou cun total de 35 equipos participantes, 175 deportistas e un notable número de seguidores ao longo de todo o día.
A edición deste ano 2016, caracterizouse polas multiples novidades que se incorporaron ao torneo, a máis importante, a presenza do Club Vigo Voleibol como entidade organizadora conxuntamente coa Concellería de deportes do Concello de Baiona, a Asociciaón Discamino como entidade colaboradora onde dirixiuse parte do diñeiro recadado de inscricións e dentro do propio sistema competitivo o montar cadros de consolación para igualar os niveis e ter partidos máis rifados.
O cadro de vencedores nesta XVII edición foi o seguinte:
Categoría Adultos
CAMPIÓN: TOCAPELOTAS
SEGUNDO: PATOSOS
SEMIFINALISTAS: GTC
SEMIFINALISTAS: DELFINES
Cuadro de Consolación 1
CAMPÍON; LOS BASKETEROS.
SUB CAMPIÓN: OS CARAMUXOS
Cuadro de Consolación 2
CAMPIÓN; LOS GRUNDIOS
SUB CAMPIÓN: FUTXOR
Categoría Sub 14
CAMPIÓN: PATOS
SEGUNDOS: LOS ANGELES DE JAVI
SEMIFINALISTAS : CHASE Y ZUMA




