·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Trail do Trega cumprirá a súa oitava edición dando un paso...

O Trail do Trega cumprirá a súa oitava edición dando un paso máis cara á “nomarlidade”

O Trail do Trega cumprirá a súa oitava edición dando un paso máis cara á "nomarlidade"A carreira guardesa poñerá o punto e final á Pontevedra Trail League que se celebrou neste ano 2021

A praza do Reló, á beira da Casa do Concello da Guarda, foi o escenario da presentación no día de hoxe da VIII edición do Trail do Trega. Asistiron ao acto o deputado de Deportes, Gorka Gómez, a concelleira de Deportes da Guarda, Montserrat Magallanes e o director da carreira, Serafín Martínez da empresa Noko 360, organizadora do evento.

Serafín Martínez destacaba a “consolidación desta proba, que vai pola súa oitava edición” cun aumento significativo de atletas cada ano, xa que “a día de hoxe e faltando un día para o peche de inscricións, superamos os 450 participantes, mantendo o obxectivo de chegar a 500″ e o espazo no que se desenvolve o Trail do Trega, “un dos lugares máis visitados de Galicia.” E sobre o percorrido subliñou que “sempre gustou aos corredores, a pesar de que non se poden facer demasiadas modificacións cada ano xa que o monte é o que é”.

Pola súa banda o deputado de Deportes, Gorka Gómez, facía referencia a aposta da Deputación polo deporte sumado á visita a lugares tan emblemáticos da provincia. E sobre os “tres trails, que con leste celebrábanse este ano no Baixo Miño, destacaba o seu valor paisaxístico”.  Gómez agradecía ademais que “empresas como Noko 360, apostasen por eventos nun ano tan complicado como este, no que a organización se fai aínda máis difícil por todos os protocolos que conleva a loita contra o Covid-19”

✅O #TraildoTrega cumprirá a súa oitava edición dando un paso máis cara á “nomarlidade” #AGuarda @depo_es

Pechaba o acto, Montserrat Magallanes, desculpando en primeiro lugar a ausencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba que se “atopaba precisamente na deputación tentando traer máis fondos para A Guarda”. En canto ao Trail, destacaba que se celebraba no “buque insignia do Concello, como é o Monte Santa Trega, cos seus castros e espectaculares vistas”. Animaba á xente para acudir este domingo, xa que “se fixo un pacto para que nesta zona de Galicia, mantivésense estes espectaculares días de sol”

Lembrar que a carreira dará inicio ás 10.30 horas desde a Alameda da Guarda para realizar un percorrido de 15 kms con 800 metros de desnivel. As inscricións para participar no Trail do Trega , pecharanse ás 23.59 horas de mañá mércores. Os que o desexen todaviía poden anotarse en www.traildotrega.com

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade