spot_img
InicioBaixo MiñoO "Trail do Aloia 2023" desafía ao inverno

O “Trail do Aloia 2023” desafía ao inverno

Os miñoranos Diana Domínguez e David Pazo vecedores no Trail do Aloia 2022A proba, que abrirá este ano a Pontevedra Trail League, celebrarase o domingo 12 de Febreiro

Cousas de revista nº16

Os que coñecen ben o Monte Aloia saben que é lugar totalmente distinto dependendo da estación do ano en que se visite. Todos, iso si, coinciden en que esta “mutación” convérteno nun das paraxes máis bonitas de Galicia.

En 2023, os participantes do Trail do Aloia poderán gozar do “xigante” tudense na súa versión invernal. Esta edición terá lugar o próximo 12 de Febreiro, e contará con dúas distancias. A primeira de 10 km, o Mini Trail, para os “menos sufridores”; a segunda de exactamente o dobre. O Gran Trail do Aloia, sumará 20 km, incluíndo a subida á cruz e a terrible baixada do “tourmalet” tudense.

Para participar en calquera destas dúas aventuras é necesario inscribirse en www.traildoaloia.com antes do 08 de Febreiro.

Así mesmo, lembrar que o sábado 11, os máis pequenos poderán iniciarse no mundo do trail. Por terceiro ano consecutivo se celebarán distintas carreiras para eles na ladeira do propio monte. Son probas totalmente gratuítas nas que sólamente fará falta formalizar a inscrición na páxina oficial.

O Trail do Aloia estará de novo organizada pola empresa NOKO 360 contando co patrocinio da Eurocidade Tui – Valença, o programa Interreg España – Portugal, e a Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img