O Obradoiro de Emprego “Ulla Umia VI” promovido polos Concellos de Moraña e Valga e no que participan 20 persoas, deu comezo o pasado 1 de outubro de 2022.
Cunha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e carpintería. Os aprendices reciben formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.
Os 10 alumnos e alumnas da especialidade de forestais do obradoiro realizan prácticas
formativas na súa especialidade de forestais e traballan en Moraña no acondicionamento e do Sendeiro I que trascoren polas parroquias de Amil, Rebón, San Lourenzo. Asemade remataron o ancondicionamento das Sendas Biosaudables “ A Bouza – Grixo e A Alberguería – Barosela” e está previsto iniciciar o acondicionamento da Vía Mariana Luso Galaica.
O obxectivo destas actuacións é recuperar os antigos camiños, e neste senso fan rozas e limpezas da propia ruta e dos ríos. Deste xeito as limpezas fanas por rozas manuais e mecánicas marcando un sendeiro para que os veciños poidan andar comodamente ó longo do seu percorrido. Están a facer unha roza selectiva eliminando as especies invasoras e tamén podas sanitarias.
O alumnado está a traballar na senda na parroquía de Rebón , a carón do Rego da castañosa e Rego Gundeiro.
O alcalde de Moraña, José Cela visitou xunto coa directora do obradoiro , Mª Carmen Vidal, ao alumnado e a docente e comprobou como as aprendizaxes adquiridas no obradoiro vense nas actuacións que estan realizando nesta obra. Con esta actuación a veciñanza contará ven melloradas as sendas para o desfrute da natureza e coñecemento dos enclaves paisaxísticos.