spot_img
InicioVal MiñorNigránO Torneo San Juan Fútbol Sala-Base organizado polo Panxón-Nigrán FS recadou 450...

O Torneo San Juan Fútbol Sala-Base organizado polo Panxón-Nigrán FS recadou 450 k en alimentos na súa segunda edición

-torneo-san-juan-futbol-sala-base-organizado-polo-panxon-nigran-fs-recadou-450-k-en-alimentos-na-sua-segunda-edicion

Durante o pasado fin de semana 17-18 e 19 realizar no Pavillón Municipal de Panxón en Nigrán se celebrou a segunda edición do torneo de fútbol sala base organizado polo Panxón-Nigrán F.S. e coa colaboración do Concello de Nigrán.

O Torneo desenvolveuse en categorías Minis-Prebenjamin-Benjamin-Alevín e Infantil cun total de 29 equipos pertenencientes ao equipo local Panxón-Nigrán F.S. e a 9 equipos invitados procedentes de Baiona,Vigo e Redondela sumando un total de mais de 300 nenos de entre 3 e 13 anos, 29 horas de futbol-sala en 43 partidos.

Durante as distintas fases do torneo se realizou  entrega de medallas a todos os participantes e trofeos aos finalistas e premios á deportividade.Os trofeos e medallas foron doados polo Concello de Nigrán e na entrega dos mesmos estiveron presnetes Juan González, alcalde de Nigrán, Luís Sanromán,concelleiro de deportes e varios patrocinadores do Panxón-Nigrán F.S.

Paralelamente ao torneo deportivo, e fiel á súa filosofía de impartir valores aos seus xogadores,pais e socios o Panxón-Nigrán F.S realizou unha campaña de recollida de alimentos desde o dia 6 de Xuño ata a finalización de torneo.

A inscrición dos equipos participantes consistía na achega de alimentos ao que se sumou as achegas dos veciños e a colaboración dos patrocinadores Neumáticos Anta-Academia Active Proyects-Bocateria Lalos-Agrupación deportiva F.S. Val Miñor, os cales foron puntos de recollida de alimentos.

A campaña pechouse cun total de 450 kg de alimentos recolleitos,50 dos cales se entregaron a Cáritas Nigrán e os 400 restantes aos servizos sociais do Concello de Nigrán.

A xunta directiva do Panxón-Nigrán agredece a colaboración do Concello de Nigrán, patrocinadores, socios, pais e equipos convidados “sen os cales o éxito de organización e participación non seria posible.”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.