spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Festa da Langosta contará coa XXI Edición da Travesía a Nado...

A Festa da Langosta contará coa XXI Edición da Travesía a Nado Porto de A Guarda

A Guarda celebra os vindeiros días 1, 2 e 3 de xullo a 26ª edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e no ámbito deportivo destaca a celebración da XXI edición da Travesía a nado Porto da Guarda, o día 2 de xullo ás 12 horas.

Esta actividade está organizada promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda en colaboración co club de Remo Robaleira; o Club ALAGUA; a Confraría de Pescadores Santa Tecla; e o RíoVerde motores forabordas. Esta Travesía a nado é unha actividade aberta a tódolos públicos, na que poden participar  tanto nadadores federados como non federados.

A proba conta cun total de 12 categorías, 6 para homes e 6 para mulleres en función do ano de nacemento. As primeiras catro categorías, que inclúen aos nenos e nenas nados entre 2010-2016 e 2005-2009, realizarán unha Travesía de 400 metros. Para o resto de participantes a distancia a percorrer será de 1200 metros, dende a saída no Porto da Guarda.

Trátase dunha actividade con gran aceptación popular na que a medida que vai cumprindo anos a Travesía tamén o fan os participantes asiduos, ós que se unen novas caras cada edición. O ano pasado acadouse unha participación total de 107 inscritos, 10 nas catro categorías infantís e un total de 97 participantes nas categorías de adultos; unhas cifras que se esperan igualar e, se é posible, superar nesta edición.

a-guarda-preparase-para-celebrar-a-21a-edicion-da-travesia-a-nadoPor isto o Concello de A Guarda invita a todo o que o desexe a inscribirse, ata o 29 de xuño, e a participar nesta proba deportiva para compartir unha xornada de deporte e gastronomía pola XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, no Porto da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.