spot_img
InicioBaixo MiñoO historiador tudense Suso Vila achegará a historia de Tui nas visitas...

O historiador tudense Suso Vila achegará a historia de Tui nas visitas guiadas gratuitas que organiza o Concello ata finais de ano

historiador-tudense-suso-vila-achegara-a-historia-de-tui-nas-visitas-guiadas-gratuitas-que-organiza-o-concello-ata-finais-de-ano
Haberá dúas quendas diarias ata finais de ano, pola mañá á xudería e pola tarde ao Tui medieval
Mañá mércores, 22 de xuño, comezan as visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se realizarán en dúas quendas diarias ata finais de ano.
As visitas serán realizadas polo historiador tudense Suso Vila quen achegará aos interesados a historia, curiosidades, e datos de interese da zona vella tudense.
A visitas terán lugar de luns a venres ás 12.30h e ás 20h e os sábados, domingos e festivos ás 13h e ás 20h con carácter gratuíto. O punto de partida será a Praza da Inmaculada e non é preciso inscrición previa.
A visitas matinais serán á xudería e polas tarde realizarase un percorrido polo Tui medieval. O ano pasado máis de 2 mil persoas participaron nesta iniciativa
- Publicidade -spot_img