spot_img
InicioVal MiñorGondomarÉxito do torneo "Xogando pola igualdade" de CB Nigrán en Gondomar

Éxito do torneo “Xogando pola igualdade” de CB Nigrán en Gondomar

exito-do-torneo-xogando-pola-igualdade-de-cb-nigran-en-gondomar

Este fin de semana tivo lugar no pavillón de Gondomar o II Torneo de baloncesto ” Xogando pola igualdade” organizado polo CB Nigrán coa colaboración do Concello de Gondomar a través da súa concellería de deportes coa finalidade de difundir a figura da muller no deporte.

A directiva do Club sente enormemente satisfeita polo éxito do mesmo no que ademais puideron participar nenos e nenas que nunca xogaran ao baloncesto.

O Torneo disputouse con equipos mixtos na súa gran maioría, co obxectivo de promover un ambiente de igualdade entre os equipos participantes e conseguir mediante o xogo que nenos e nenas participen e véxanse como iguais.

Comezaron o sábado pola mañá coa xornada de portas abertas nas que participaron nenos e nenas dos colexios de Gondomar e Nigrán, moitos dos cales xogaban por primeira vez ao baloncesto.

O sábado pola tarde saltaron a pista os nenos e nenas de categoría Baby, para a continuación dar paso á categoría Benjamín.

Xa o domingo de mañá foi a quenda da categoría Alevín, para finalizar o Torneo pola tarde coa categoría Júnior.

Ao terminar cada categoria realizouse a entrega de medallas por parte do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira e a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro ademais de representantes da Asociacion de Mulleres Rurais e a Fundación Daniela.

Desde o CB Nigrán agradecen ao Concello de Gondomar todas as facilidades que puxeron desde un principio para a realización deste torneo, En este mesmo Concello o CB Nigrán desenvolverá durante o próximo mes de Agosto un campus de Baloncesto no Pavillón Municipal para o que xa están abertas as inscricións

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.