spot_img
InicioBaixo MiñoO tomiñés Sergio Lorenzo Ares gaña o XII Certame Fotográfico Viaxando

O tomiñés Sergio Lorenzo Ares gaña o XII Certame Fotográfico Viaxando

O tomiñés Sergio Lorenzo Ares gaña o XII Certame Fotográfico ViaxandoO tomiñés Sergio Lorenzo Ares co a súa foto ‘Comeza a viaxe’ é o gañador do XII Certame Fotográfico Viaxando

Este certame foi creado polas OMIX,s de Baiona, Tomiño, O Rosal, Porriño, Salceda de Caselas, A Guarda, Gondomar e o Espazo Xove de Tui no ano 2007. Un certame que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía.

A OMIX  do Concello de Gondomar foi a encargada de por en marcha esta edición do décimo segundo certame VIAXANDO.

Neste ano 2018 a Oficina Municipal do Concello de Gondomar foi a encargada da posta en marcha desta edición. O día 8 de outubro reuniuse o xurado formado polo Alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira; a Concelleira de Xuventude -Nuria Lameiro Valverde e os fotógrafos Miriam Rodríguez Davila, Pablo M. Banga González e Hugo Aboal de Castro, dando como gañadora das trece fotografía presentadas a Sergio Lorenzo Ares, natural de Tomiño pola súa foto “ Comeza a Viaxe”.

O día 19 de outubro as 18.30 farase entrega do premio o gañador, que consta dun curso personalizado de fotografía, así mesmo, inaugurárase a exposición de fotos que participaron este ano.

A exposición poderá visitarse do 19 de outubro ao 9 de novembro na Casa do Concello de Gondomar, despois rotará as todas as OMIX,s organizadoras.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.