spot_img
InicioO SalnésO Servizo Galego de Saúde e Dragados asinan o contrato para realizar...

O Servizo Galego de Saúde e Dragados asinan o contrato para realizar a obra de ampliación do Hospital do Salnés

Servizo-Galego-Saúde-Dragados-asinan-contrato-realizar-obra-ampliación-Hospital-SalnésA directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán Angueira, e o representante da empresa Dragados, Pablo Fernández Fernández, asinaron hoxe no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a obra de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés, cofinanciado polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de 7.780.149 euros.

As obras de ampliación e reforma suporán a construción dunha nova infraestrutura que afectará a cinco áreas hospitalarias, que representan unha superficie asistencial de 4.157 m2 -dos cales uns 2.700 son do novo edificio e uns 1.400 serán obxecto de reforma- e permitirán aplicar os avances das novas tecnoloxías sanitarias ao novo bloque cirúrxico, á nova área de urxencias e ao bloque obstétrico.

Como primeira fase, construirase un edificio adicional, que dotará ao hospital dun novo servizo de urxencias que duplica a capacidade de triaxe, observación e atención aos pacientes e disporá por primeira vez dunha zona específica de urxencias pediátricas.. Ademais, contará cun bloque obstétrico con 2 salas polivalentes, 2 Unidades de tratamento, parto e recuperación (UTPR), 1 consulta e 1 sala de reanimación de recen nados.

O novo bloque cirúrxico forma parte da segunda fase da ampliación do Hospital do Salnés, e disporá de cinco quirófanos, área de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria) e o apoio ao bloque cirúrxico.

A terceira e derradeira fase da ampliación inclúe a unidade de coidados postcirúrxicos, con 9 camas de despertar, 9 postos sillón de reintegración ao medio e 2 boxes de aislables e coidados postanestesia. Ademais, tamén inclúe un novo Hospital de Día, con 10 boxes.

- Publicidade -spot_img