spot_img
InicioVal MiñorBaionaRepresentantes do porto francés da Rochelle visitaron esta tarde o Monte Real...

Representantes do porto francés da Rochelle visitaron esta tarde o Monte Real Club de Yates

 

Portos-Galicia-Representantes- porto-francés-Rochelle-visitaron-Monte-Real-Club-Iates-BaionaUnha representación do concello e a directiva do porto da Rochelle visitou este venres as instalacións do Monte Real Club de Iates para coñecer de primeira man as súas instalacións e actividades. No encontro, organizado por Portos de Galicia, sentaron as bases para futuras colaboracións, co obxectivo de impulsar os tránsitos entre ambas as costas.

A tenente de alcalde da Rochelle, Catherine Leónidas, mostrouse disposta a estudar a posibilidade de organizar unha regata conxunta co club baionés, do que en Francia ?segundo dixo – teñen moi boas referencias. Nesta mesma idea incidiu o presidente do porto desta localidade francesa, Bertrand Moquay, ao asegurar que son moitos os navegantes que chegan á Rochelle falando das fabulosas condicións que Baiona lles ofrece aos amantes do mar.

O Monte Real Club de Iates é un dos portos crave para os turistas que chegan a Galicia por mar ao longo de todo o ano desde as máis diversas procedencias. Os visitantes franceses supoñen o 25 por cento dos seus tránsitos e adquiren unha especial importancia porque prolongan a súa tempada de navegación máis aló dos meses de verán, o que favorece a desestacionalización do turismo.Portos-Galicia-Representantes- porto-francés-Rochelle-visitaron-Monte-Real-Club-Iates-Baiona

O presidente de Portos de Galicia, que acompañou á delegación da Rochelle na súa visita ao Monte Real, asegurou que o obxectivo do ente público é seguir realizando este tipo de actividades de promoción para situar a Galicia na primeira liña da náutica europea.

Por parte do Monte Real Club de Iates exerceron de anfitrións nesta visita Gabriel Baltar, membro da xunta directiva, e Miguel Riveiro, xerente do club baionés. Estiveron acompañados por varios concelleiros do concello de Baiona, encabezada polo alcalde Jesús Vázquez Almuíña. Ao encontro tamén asistiu Bertrand Moquay, director do porto da Rochelle.

- Publicidade -spot_img