spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Conselleiro de Economia e Industria destaca que o mercado de Baiona...

O Conselleiro de Economia e Industria destaca que o mercado de Baiona se configura como un motor comercial e económico que reforza o atractivo turístico da vila

Francisco-Conde-Conselleiro-Economia-Industria-mercado-Baiona

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na sua visita que a praza de abastos de Baiona se configura como un motor comercial e económico e un reforzo ao atractivo turístico da vila, tras as melloras realizadas tanto no propio mercado como no seu entorno, cun respaldo da Xunta de máis de 720.000 euros nos últimos anos.

Tal e como destacou o conselleiro, trala remodelación da fachada, abrindo a praza ao exterior; e do interior, facéndoa máis atractiva e funcional; así como coas actuacións na rúa Carabela Pinta, Baiona conta cun mercado Francisco-Conde-Conselleiro-Economia-Industria-mercado-Baionamoderno e adaptado ás novas necesidades dos consumidores. Entre as melloras realizadas, destacou os novos espazos destinados á gastronomía ou á realización de diferentes actividades.

O conselleiro, que estivo acompañado polo alcalde da vila, Jesús Vázquez Almuiña, así como pola delegada da Xunta, María José Bravo Bosch, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, lembrou a colaboración do Goberno galego cos concellos para potenciar as prazas de abastos galegas, impulsando unha venda moderna, con novos servizos, ao tempo que se mantén a súa esencia, baseada na calidade, a diversidade, e a atención ao cliente.

Francisco-Conde-Conselleiro-Economia-Industria-mercado-BaionaNeste sentido, nos últimos seis anos a Xunta ten facilitado a mellora de máis de 80 mercados galegos con apoios por máis de 17 millóns, e para este ano mantén o seu compromiso con 3,3 millóns de euros destinados a colaborar cos concellos neste eido.

A estes apoios súmase o programa para impulsar as asociacións de comerciantes na dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, dotada con 2,2 millóns de euros, cuxa nova convocatoria se publicará no Diario Oficial de Galicia nos próximos días.

- Publicidade -spot_img