Tamén realizan unha limpeza e documentación de perfís arqueolóxicos
O arqueólogo municipal, Ángel Acuña, dirixe un equipo de catro persoas que iniciaron tarefas de levantamento topográfico na illa de San Sadurniño coa finalidade de realizar unha planimetría ampla e detallada da mesma. Actualmente existe un plano xeral, que posúe o Concello, pero quérese contar con esta planificación en detalle que se vai concretar a resultas destes traballos.
Por outra banda, o mesmo equipo de arqueólogos está levando a cabo unha limpeza e documentación de perfís arqueolóxicos que permitirá unha primeira aproximación ós restos do terreo co obxectivo de averiguar, de maneira aproximativa, a antigüidade dos asentamentos humanos no illote do barrio mariñeiro.
Os traballos vanse prolongar durante varias semanas e tamén permitirán evaluar a pontencialidade patrimonial do illote que rodea a torre de San Sadurniño.
En próximas datas instalaranse en diversos puntos dos lindeiros perímetrais da illa xaulóns metalicos recheos de pedra para protexer os restos arqueolóxicos dos efectos das mareas, que o pasado inverno causaran danos importantes nos perfís perimetrais.




