Inicio Val Miñor Nigrán comeza o plan de accións formativas de 2015 cun curso de...

Nigrán comeza o plan de accións formativas de 2015 cun curso de ofimática

O Concello de Nigrán inicia a programación de accións formativas para os veciños de Nigrán de 2015 coa apertura do prazo de inscrición para un curso de ofimática, prioritariamente dirixido a persoas en situación de desemprego empadroadas en Nigrán, que queiran mellorar os seus coñecementos nesta área, moi importante de cara á procura de emprego.

O curso impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena, na Rúa Otero Pedrayo, número 52, entre o 26 de xaneiro e o 6 de marzo, os luns, mércores e venres, de 10.30 a 13.30 horas.

As persoas interesadas en participar deberán presentar a solicitude de inscrición no Rexistro municipal, entre os días 12 e 21 de xaneiro, cubrindo unha instancia que estará á súa disposición no propio rexistro, no Centro Antena ou no Departamento de Emprego, achegando unha fotocopia do DNI, o curriculum vitae e a certificación de inscrición no Servizo Público de Emprego.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies