Inicio Pontevedra O Morrazo O conselleiro de Cultura e Educación visita as obras rematadas do centro...

O conselleiro de Cultura e Educación visita as obras rematadas do centro de interpretación dos petróglifos de Mogor en Marin

Xesús Vázquez Abad salientou a finalización dos traballos no ano 2014, tal e como lle anunciara á alcaldesa de Marín, como un compromiso cumprido

Mogor1O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá o Centro de acollida de visitantes do xacemento arqueolóxico dos Petróglifos de Mogor, cuxo remate sinalou como un compromiso cumprido. “Non en balde, o pasado mes de novembro tiven a oportunidade de anunciarlle á alcaldesa de Marín, María Ramallo, que as obras estarían rematadas antes de final do 2014”, dixo.

O investimento total realizado pola Xunta de Galicia nesta sobranceira estación rupestre é de 352.615,27 euros. As actuacións incluíron, desde as primeiras sondaxes até o proxecto museográfico, todos os procesos necesarios para a xestión, conservación e posta en valor dos Petróglifos, co fin de que o Centro de Interpretación se poda abrir ao público neste ano 2015 e difundir o legado que supón estes extraordinarios conxuntos de gravados rupestres.

Os traballos realizados no ano 2014 correspóndense coa execución do proxecto museográfico e o acondicionamento das pasarelas. Nestes pasados meses construíronse, ademais, dúas novas pasarelas de madeira construídas como complemento á edificación do Centro co obxectivo facilitar o acceso ao petróglifo do labirinto e ao petróglifo nº 3. Asemade realizáronse traballos de acondicionamento dos camiños de acceso, e pequenas tarefas de reparación na pasarela xa construída previamente e nas instalacións do centro, en concreto na súa fachada. A intervención Xunta-Jesús-Vázquez-conselleiro-Cultura-Educación-visita-obras-rematadas-centro-interpretación-petróglifos-Mogor-Marincompletouse co remate da impermeabilización dun dos muros de formigón que conteñen as terras cara á parte alta da ladeira na que se atopa o xacemento.

Durante a súa visita a Marín o conselleiro estivo acompañado pola alcaldesa, María Ramallo; polo delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e polo xefe de sección do Servizo de Arqueoloxía da Consellería, José Manuel Rey; entre outras autoridades.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies