spot_img
InicioO MorrazoMoañaO Concello de Moaña abre o prazo para a presentación de candidaturas...

O Concello de Moaña abre o prazo para a presentación de candidaturas para a Gala do Deporte

Concello-de-Moaña-abre-prazo-presentación-candidaturas-Gala-Deporte
O Concello de Moaña abre o prazo para a presentación de candidaturas para a Gala do Deporte

Informase a todas as asociacións deportivas do Concello de Moaña que se abre o prazo para presentación de candidaturas para a Gala do Deporte.Cada asociacion ou clube deportivo poderá presentar un máximo de tres candidatos por nominación. A data limite para entrega de candidaturas será o vindeiro día 14 de Xaneiro de 2015 no rexistro do concello. Pregase que se adxunten os datos en copia dixital.

As nominacións faranse tendo en conta o seguinte:

ARTIGO XV.- GALA DO DEPORTE

Cada ao celebraráse a Gala do Deporte que ten como finalidade facer un recoñecemento oficial e premiar a todos aqueles estamentos deportivos que máis destacasen nese ano ou tempada (2014)

Estableceranse as seguintes nominacións:

Mellor deportista masculino
Mellor deportista femenino
Mellor equipo masculino
Mellor equipo femenino
Mellor adestrador
Mellor deportista veterano
Mellor deportista veterana
Mellor entidade deportiva
Mención de honra a unha entidade
Mellor medio de comunicación
Mencion por especialidade.

Por cada nominación haberá dous finalistas agás en Mención de Honra e Mención por especialidade, que só haberá un finalista.

Os candidatos as nominacións poderán ser aqueles que, aínda sin ser nacidos en Moaña teñen acreditado o seu traballo como deportista en calquer entidade deportiva do Concello, así mesmo tamén poderán ser candidatos os que sendo de Moaña pertenecen a entidades deportivas de fora do Municipio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.