spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoO Salón do Libro de Pontevedra acollerá unha mostra sobre a historia...

O Salón do Libro de Pontevedra acollerá unha mostra sobre a historia do cómic galego

O Salón do Libro de Pontevedra acollerá unha mostra sobre a historia do cómic galegoA exposición “Unha ollada ao cómic galego” presenta unha panorámica da banda deseñada en Galicia, con referentes que van dende Castelao ata Isaac Díaz Pardo

Castelao, Isaac Díaz Pardo, Reimundo Patiño, Xaquín Marín ou os fanzines dos efervescentes anos oitenta serán algúns dos protagonistas da mostra “Unha ollada ao cómic galego”, que se atopará inserida dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Así, a Deputación de Pontevedra participa na vixésimo primeira edición da cita literaria, que se celebrará no Pazo da Cultura entre o 6 e o 27 de marzo e cuxa temática principal será “O Humor”.

O horario habitual de visita ó salón será de luns a xoves de 17 a 20 horas, os venres de 17 a 20.30 horas e os sábados, domingos e os días 19 e 20 de marzo de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas. Ademais, o domingo 8 de marzo ás 11.30 horas terá lugar unha visita guiada pola exposición a través de Octavio Beares, comisario da mostra, con prazas limitadas.

A proposta do ente provincial presentará unha panorámica histórica da banda deseñada de Galicia partindo de referentes como Castelao e chegando a propostas actuais. Farase, por tanto, especial fincapé en referentes artísticos do século XX e XXI, incluíndo publicacións como as revistas de cómic para persoas adultas e os fanzines dos anos 80. Todo o material exposto servirá para poñer en valor a cultura e a creación artística galegas, así como para difundir a labor dos artistas que explotaron este xénero que conxuga a imaxe e a palabra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.