Inicio Vigo e área O Porriño "SOS Porriño" reparte 3.000 quilos de alimentos en axuda para 160 familias

“SOS Porriño” reparte 3.000 quilos de alimentos en axuda para 160 familias

"SOS Porriño" reparte 3.000 quilos de alimentos en axuda para 160 familiasEsta tarde rematará o reparto de 3.000 quilos de alimentos non perecedoiros que realiza “SOS Porriño” no seu almacén, situado no Multiusos de Torneiros.

“Esta axuda humanitaria alcanza a 160 familias e polo tanto aproximadamente a máis de 600 persoas que teñen dificultades económicas”, segundo explicou David Alonso, concelleiro responsable de Servizos Sociais.

Este reparto de alimentos é mensual e realizase entre familias cuias necesidades son previamente valoradas e comprobadas polos técnicos do departamento de Servizos Sociais.

"SOS Porriño" reparte 3.000 quilos de alimentos en axuda para 160 familias
“SOS Porriño” reparte 3.000 quilos de alimentos en axuda para 160 familias

A recollida de alimentos para “SOS Porriño” mantense de xeito continuado e conta coa solidariedade de diversos colectivos. David Alonso suliñou “o gran pulo que supon para o Banco SOS Porriño as aportacións dos deportistas”.

O concelleiro de Servizos Sociais que tamén é responsable da delegación de Deportes ten establecido que nos diferentes eventos que se organizan, os participantes acheguen un kilo de alimentos non perecedoiros como volverá a acontecer coa carreira “Porriño 10K” que vaise celebrar o domingo 15 de marzo.

Reparto de camas articuladas e guindastres

Por outra banda, o Concello do Porriño adquiriu cunha partida de 15.000 euros, 10 camas articuladas e 5 guindastres para movilización de persoas con movilidade reducida ou nula, que se están a repartir en préstamo a familias que o solicitan. Previamente os técnicos de Servizos Sociais realizan unha valoración de cada caso.

O concelleiro de Servizos Sociais informa que actualmente ainda hai dispoñibles no almacén do Multiusos de Torneiros para quen queira solicitar e reuna as condicións requeridas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies