spot_img
InicioVal MiñorBaionaO “Safari Etológico de Garranos” de Baiona elixido como iniciativa turística sostible...

O “Safari Etológico de Garranos” de Baiona elixido como iniciativa turística sostible “Green Destination 2022 Top 100 Stories”

Revista COUSAS DE nº14A proposta enviada e formulada polo Concello de Baiona aos premios “Green Destination 2022 Global Top 100” foi elixida como unha das boas prácticas e exemplo a seguir nos avances do turismo sostible entre os destinos QualityCoast

Revista COUSAS DE nº14

O “Safari Etológico de Garranos” posto en marcha por Leira Moreiras en colaboración co Cocello de Baiona recibiu o recoñecemento durante a feira do turismo ITB, que se celebrou en Berlín este semana.

O obxectivo do evento é que os destinos que forman parte da Comunidade Green Destinations (na que participa QualityCoast) poidan dar a coñecer e compartir as súas boas prácticas e progresos en liña cos seus valores crave. Para esta edición, Baiona propuxo como boa práctica destacada o “Safari Etológico de Garranos” posto en marcha por Leira Moreiras.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, organizou os roteiros guiados gratuítos “Safari Etológico Garranos” co xerente de Leiras Moreiras, Adrián Martíns. Un safari sostible que descobre este animal salvaxe no seu habitat e milenario campando ás súas anchas no privilexiado lugar do Alto de Groba.

Desde o Concello de Baiona fomentouse a colaboración entre a administración local e a empresa ofertante desta interesante e pioneira actividade.

Un safari en Baiona? Nos montes do Alto da Serra dá Groba? Non é unha estratexia de márketing, en efecto, é como soa. O lado máis salvaxe de Baiona descóbrese como resultado do seu illamento da civilización, a fauna local e, principalmente, pola manda de equinos de pura raza galega, os garranos coñecidos popularmente na zona como “burricanas”, os cabalos salvaxes que reinan ás súas anchas nesta contorna privilexiada. De feito, é a única reserva de cabalos salvaxes do Atlántico e a maior manda de equinos en liberdade de Europa e un do poucos lugar de España onde velos en semilibertad e sen necesidade de intervención humana para sobrevivir.

Ademais, esta iniciativa opta a entrar na preselección das 6 mellores historias, na categoría de “Cultura e tradición”, das cales 3 serán premiadas nunha cerimonia que terá lugar na Feira Internacional de Turismo de Berlín (ITB).

Á fronte da Concellería de Turismo está o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, “este recoñecemento internacional vén abalar o traballo realizado polo Concello de Baiona que quixo con esta actividade poñer en valor estes animais e a contorna natural no que habitan á vez que ofrecer á cidadanía baionesa e ás persoas visitantes que o desexen a posibilidade de vivir unha experiencia de proximidade con esta especie da nosa contorna. ”.

Para Gómez “esta campaña é unha invitación para vivir unha experiencia, non só turística, senón de educación acerca da importancia de respectar os nosos animais. Unha combinación perfecta para un turismo sostible e respectuoso polo que estamos a apostar firmemente. Un novo atractivo para o turista potencial, que dispoñerá de novos alternativas no destino do noso municipio. Se trata dun recurso natural polo que o goberno local quere apostar para atraer visitantes en tempada baixa, ademais de para reforzar a oferta lúdica durante todo o ano. Tamén co obxectivo de poñer en valor o inmenso patrimonio natural das nosas parroquias”.

“Top 100 Stories”

Cada ano, o concurso “Top 100 Stories” da organización internacional Green Destinations escolle historias e boas prácticas de turismo sostible en destinos de todo o mundo para compartilas como exemplos que poidan ser aplicados noutros destinos.

Ao contar as súas historias, as organizacións de xestión de destinos son recoñecidas polas solucións que aplicaron en resposta aos retos e problemas de desenvolvemento sostible aos que se enfrontaron. Dado que o sector turístico enfrontouse a tempos moi difíciles nos últimos anos, hai que celebrar a resistencia e o duro traballo destes destinos para ser máis responsables.

- Publicidade -spot_img