A piragüistas Tania Fernández e Tania Álvarez conquistan o ouro ao finalizar en primeira posición na proba de K2 do campionato do mundo de maratón que se está a celebrar na localidade portuguesa de Ponte de Lima, por diante das húngaras Renata Csay e Zsofia Czellai.
A parella de piragüistas tudenses marcou un tempo de 1:58:09.5 , superando ás húngaras en nove segundos.
Despois dun bronce en 2018 e dúas pratas en 2019 e 2021, as galegas conságranse na distancia, cun metal dourado que engrandece máis se cabe a súa traxectoria deportiva. As suecas Melina Andersson e Johanna Johansson gañaron o bronce, a 23 segundos das galegas