spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaO rural da Cañiza contará con fibra óptica de nova xeración

O rural da Cañiza contará con fibra óptica de nova xeración

O rural da Cañiza contará con fibra óptica de nova xeraciónO alcalde Luís Piña fixo público hoxe un dos anuncios máis importantes deste mandato: Telefónica despregará as súas redes de alta capacidade por fibra óptica en case todo o rural da Cañiza entre os ano 2021 e 2022

Segundo manifestou hoxe o alcalde Luís Piña, “Telefónica está a demostrar ter moi comprometida a capacidade de investimento no noso municipio e esta é unha das mellores novas para A Cañiza de cara a seguir reconstruíndo e modernizando a localidade”.

Máis do 63% do territorio da Cañiza contará entre 2021 e 2022 con redes de nova xeración e alta capacidade por fibra óptica grazas aos plans de extensión de banda ancha de nova xeración, coñecidos como  PEBANG do Ministerio de Transformación Dixital, financiados pola UE a través dos Fondos FEDER de Desenvolvemento Rexional.

Este espaldarazo ao rural ten como obxectivo transformar as redes no Municipio pasando de cable a redes verdes ou fibra óptica, despregando unha rede de acceso de nova xeración baseado na arquitectura de fibra óptica ata o fogar ( FTTH) para dar cobertura ao maior número posible de veciños.

O despregamento previsto por Telefónica para o ano 2021 con cargo aos plans subvencionados dará cobertura de fibra óptica aproximadamente a 3.600 vivendas, das 5700 existentes, o que suporá un grao de cobertura no territorio da Cañiza do 63%.

Este proxecto inscríbese no Programa  PEBANG  2019 E 2020, desenvolvidos polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e cofinanciado con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e cuxo obxectivo principal é acelerar a extensión da cobertura das redes públicas de comunicacións electrónicas de banda ancha de moi alta velocidade en zonas onde non existise acceso a este tipo de comunicacións, agora nin nos próximos anos (zonas brancas) así como a aquelas que a teñen dun só operador (zonas grises) .

Esta nova rede  FTTH permitirá dotar aos nosos núcleos rurais de funcionalidade e calidade no acceso aos servizos dixitais necesarios para a transformación dixital e por suposto , terá un impacto directo no aumento do benestar e calidade de vida dos veciños contribuíndo ao éxito dun modelo de crecemento sostible baseado na sociedade do  Gigabit. Estas redes de alta capacidade son  ultrarápidas, capaces de ofertar 100  megas, pero Telefónica xa parte cun mínimo de oferta de 600 mg a un  Gigabit

Con esta nova infraestrutura de telecomunicacións A Cañiza disporá dunha ferramenta esencial para o impulso doutros proxectos e plans enfocados ao desenvolvemento rural e ao crecemento sostible. Coa crise do COVID-19 puidemos comprobar e mesmo sufrimos as consecuencias de non contar cunhas modernas redes de telecomunicacións que garantan a conectividade  e o servizo universal a todos os cidadáns.

- Publicidade -spot_img