spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de...

A 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas rendirá homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela

A 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas rendirá homenaxe a Xosé Manuel Pazos VarelaA Mostra afronta a súa 38 edición con dez días de teatro con catro estreas absolutas e un acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos

O mes de xullo arrancará coa inauguración da 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), que encherá de teatro a vila ao longo de dez días. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.

Na 38 Mostra haberá 4 estreas absolutas, tres delas coproducidas pola MITCFC (‘Isolada’, ‘Abradacaver’ e ‘Cantingjo’), unha estrea en España (‘Espécies Lázaro’) e 9 estreas en Galicia (‘La Xirgu’, ‘Secretos de alcoba’, ‘La señorita doña Margarita’, ‘El viento es salvaje’, ‘Al otro lado’, ‘Comando señoras’, ‘Ritos de amor y guerra’, ‘Water falls’ e ‘A Contenda do Río Miño’). Entre os espectáculos que se poderán ver en Cangas atópanse dous que recibiron en 2020 Premios Max: ‘El viento salvaje’, Mellor Espectáculo Revelación, e ‘Al otro lado’, Mellor Espectáculo de Rúa.

A directora artística da Mostra, María Armesto, explicou no acto de presentación da programación que tivo lugar no Auditorio de Cangas que máis da metade das obras son de compañías galegas e destacou o feito de que este ano “diriximos máis a ollada cara Portugal”. De feito, pecha a MITCFC unha coprodución do Centro Dramático Galego co Teatro (CDG) coa Compañía de Teatro de Braga, que se estreará no Festival de Teatro de Almagro para, despois, vir representarse a Cangas.

Esta edición da MITCFC, cuxo cartel é obra do pintor, ilustrador, actor e director teatral Leandro Lamas, comezará o día 1 de xullo coa inauguración dunha exposición documental e unha homenaxe a Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas finado en xaneiro deste ano.

Trinta e oito anos despois de que Pazos, xunto a un pequeno grupo de persoas con xiria, idease e crease esta Mostra, “queremos facer un recoñecemento á súa persoa e ao seu labor, a través dunha sinxela homenaxe composta por unha exposición documental e un acto lúdico no que estarán presentes as artes que tanto amou, teatro, danza, poesía, música… e a súa xente”, explica a organización.

Silda Alfaro, vicepresidenta de Xiria, explicou as actividades paralelas que complementan a programación da Mostra desde os seus comezos. Destacou, entre outros,  a conmemoración do 25 aniversario de ‘Teatragal’, un espazo común de diálogo e de reflexión entre Galicia e Portugal.

Victoria Alonso, deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, destacou que a Mostra “sabe conxugar cultura e patrimonio e implicar á veciñanza”. Resaltou, ademais, que se trata dun evento “que leva traballando pola igualdade desde hai 21 anos coa programación de Mulleres en Acción”.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, lembrou que a MITCFC “leva demostrando moitos anos o seu carácter pioneiro” e quixo recoñecer a gran labor que realizan “reinventándose e adaptándose a cada situación”.

Victoria Portas, alcaldesa de Cangas, afirma que este ano a Mostra vai marcar o punto de saída: “Comezaremos o final da pandemia co humor. Coa Mostra”.

Juan José Pérez, director do Auditorio de Cangas, afirmou que a Mostra “é u dos eventos culturais máis importantes que se poden ver en Galicia” o que converte a Cangas “nunha das grandes capitais do teatro”.

PREGÓN

O pregón, que se celebrará o venres 2 de xullo, correrá a cargo do actor Fran Paredes. Nado en Moaña aínda que  veciño de Cangas desde hai anos, Paredes traballou en numerosas obras de teatro, así como en cine e televisión, con intervencións nas serie ‘O Faro’, ‘Fariña’, ‘El desorden que dejas’ ou ‘O sabor das margaridas’.

A organización da XXXVIII MITCFC concede o Premo Xiria ao Labor Teatral ao narrador, xornalista e crítico teatral Camilo Franco, en recoñecemento “ao seu importante labor” como xornalista cultural e, particularmente, polo exercido como crítico teatral en xornais e medios de comunicación de Galicia e co que demostrou, ao longo de tantos anos, “un empeño extraordinario por dignificar o teatro galego”.

MULLERES EN ACCIÓN

As Xornadas Mulleres en Acción chegan este ano á súa 21 edición cunha programación que tratará, un ano máis, de potenciar e dar visibilidade ao traballo das mulleres dentro da cultura e, en concreto, das artes escénicos. Os actos inclúen exposicións, obradoiros e charlas-coloquios. Este ano, a organización decidiu outorgarlle o Premio Mulleres en Acción a Margarita Ledo Andión, en recoñecemento ao seu labor como escritora, cineasta, investigadora e docente. A organización da Mostra concédelle esta galardón “por apostar, no ámbito académico, por una educación en comunicación audiovisual con perspectiva de xénero. E, como cineasta, por utilizar o ollo da cámara ao servizo do corpo e da realidade das mulleres”.

VENDA DE LOCALIDADES

A organización recomenda a compra online de localidades (sen gastos nin comisión), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio. A venda no propio auditorio realizarase cumprindo a normativa en seguridade e distanciamento social vixente na data da función. Nesta edición da MITCFC, debido á redución de aforo, non se ofertan abonos para todos os espectáculos.

O acceso aos espectáculos programados durante a Mostra en rúas e prazas, terá un aforo limitado, polo que será precisa a retirada da entrada previamente ao comezo da función.

Os espectáculos programados no Auditorio terán un prezo de 8€, excepto os axendados os días 5 e 7 de xullo, que terán un prezo de 5€. As obras programadas na Sala de Exposicións custarán 5€.

Pola súa banda, os espectáculos programados en rúas e prazas terán un valor simbólico de 1€, e será necesario dispoñer da entrada con anterioridade ao comezo da función.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.