·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Xunta presenta o campo de voluntariado de Soutomaior, que incluirá rutas...

A Xunta presenta o campo de voluntariado de Soutomaior, que incluirá rutas ambientais e dinamización do Camiño Portugués

A Xunta presenta o campo de voluntariado de Soutomaior, que incluirá rutas ambientais e dinamización do Camiño PortuguésA directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou hoxe o campo de voluntariado Soutomaior fai o Camiño, enmarcado na Campaña de Verán da Xunta de Galicia.

Esta actividade, que inclúe rutas ambientais e deportes náuticos, busca favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos.

O campo de voluntariado que acollerá o concello de Soutomaior é un dos 13 novos campos que se suman este ano como novidade á Campaña de Verán, que a través do total de actividades programadas ofrece máis de 7800 prazas. Todos os campos de voluntariado terán 12 prazas para favorecer que se cumpran as medidas de prevención fronte á Covid-19.

O programa desta proposta dividirase en tres fases, das que a primeira centrarase en formar ao grupo de persoas voluntarias con obradoiros prácticos de contido ambiental, social, histórico e publicitario para facilitar os traballos a desenvolver durante a quenda. Nunha segunda etapa, os participantes recollerán datos in situ para a elaboración dun informe final con propostas de mellora de conservación do Camiño Portugués ao seu paso por Soutomaior e, por último, xerarán contidos para a distribución temática en redes sociais e a creación dun blog que terán que promocionar para dar a coñecer a ampla oferta autonómica de voluntariado.

Na ponte colgante e o río Verdugo

Entre as actividades que se realizarán neste voluntariado atópanse rutas ambientais e históricas a puntos de interese do concello, como a ponte colgante ou o río Verdugo, así como obradoiros de mitoloxía galega ou xincanas populares como excursións á Illa San Simón cunha ruta mariña en paddle surf ou piragua.

A directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado puxo en valor durante o acto este tipo de actividades, posto que axudan a promover a educación en valores e asentar a cultura solidaria e á súa vez fomentar o traballo en equipo e a preocupación por manter a salvo o medio ambiente.

Campos de voluntariado

Para os campos de voluntariado celebrados en Galicia, o prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada un. Para os que se celebran noutras comunidades autónomas habilítanse dúas convocatorias: a primeira delas rematou o pasado día 21, mentres a segunda abriuse o 1 de xuño e pechará cinco días antes do inicio do campo.

A solicitude presentarase mediante un formulario en liña e cada persoa solicitante debe escoller, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción.

Curso de monitor de tempo libre

Cristina Pichel tamén estivo presente no curso de monitor de tempo libre que se está impartido na Escola Oficial de Tempo Libre Barlovento. O obxectivo destas xornadas é formar profesionais do eido do tempo libre de forma multidisciplinar, con manexo e aplicación das novas tecnoloxías.

Ao longo destas sesións formativas os monitores deben propor actividades e proxectos dirixidos a persoas todas as idades, como por exemplo actividades náuticas e no aproveitamento do medio xeográfico galego.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies