spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal saca a lingua polo Día das Letras Galegas

O Rosal saca a lingua polo Día das Letras Galegas

O Rosal saca a lingua polo Día das Letras GalegasPon en marcha a mostra ‘Esta é a miña lingua’, que busca que os veciños e veciñas de xeito individual ou en grupo envíen fotos botando a lingua

O Rosal continúa coas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano de xeito diferente, divertido e buscando implicar a toda a veciñanza. Xa está en marcha a iniciativa ‘Esta é a miña lingua’, unha mostra fotográfica que ten como obxectivo establecer un paralelismo entre a lingua galega e a lingua que teñen todos os galegos e galegas e a través da que se anima a todos os veciños e veciñas a participar enviando as súas imaxes botando a lingua.

Todas as persoas interesadas en participar poderán enviar fotografías de xente de forma individual ou en grupo sacando a lingua. Deberán ter formato horizontal e poderán remitirse por correo electrónico a cultura@concellodorosal.gal dende hoxe mesmo ata o vindeiro mércores 13 de maio. No asunto do correo debe aparecer ‘A imaxe da lingua’ e no corpo ten que incluírse o nome e apelidos das persoas que aparezan na fotografía.

As imaxes publicaranse na web do Concello e nos seus perfís nas redes sociais co hashtag #estaéamiñalingua e non se descarta a posibilidade de facer un cartel cun mosaico no que aparezan todas as fotos enviadas polos rosaleiros e rosaleiras. No caso de haxa menores de idade na imaxe, darase por feito que os adultos responsables deles dan o seu consentimento expreso para a utilización da imaxe tanto na web como nas redes sociais.

O envío da fotografía suporá a aceptación das bases da mostra e a cesión dos dereitos da imaxe ao Concello do Rosal para a súa publicación ou para o seu arquivo na base de datos.

Todos e todas a sacar a lingua!

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.