Cumprindo a súa cita anual de facilitar a maior información económica para a toma de decisións, a Zona Franca ha posto ao dispor das persoas interesadas a base de datos de ARDÁN que ofrece, nun formato descargable, datos sobre as 20.000 empresas galegas de maior facturación do exercicio 2018.
Como explicou David Regades, con esta aplicación pódense realizar múltiples filtros sobre a mostra de empresas ben sexa por nome da sociedade, datos económicos, sectoriais, xeográficos, etc. A base de datos, que ten un prezo de 99 euros, tamén permite a selección de fichas de empresa e listaxes, con datos totalmente exportables a follas de cálculo.
Os datos económicos proceden dos depósitos das Contas Anuais (Balance, Conta de PyG, Memoria e Informe de Xestión) nos Rexistros Mercantís das provincias galegas o que achega seguridade e fiabilidade ao traballo realizado polo equipo de Servizos Avanzados de Zona Franca.
O Consorcio presentará nos próximos meses o “Informe Económico e de Competitividade de Galicia 2020”. Con esta información e outros datos facilitados polas empresas, a través da campaña anual de enquisas, será posible a identificación das empresas galegas que obteñen os Indicadores ARDÁN de 2020.