Inicio Pontevedra O proxecto europeo ESTRAEE para xestión do 'lixo electrónico', exemplo de colaboración...

O proxecto europeo ESTRAEE para xestión do ‘lixo electrónico’, exemplo de colaboración transfronteiriza a prol da da transición ecolóxica

O proxecto europeo ESTRAEE para xestión do 'lixo electrónico', exemplo de colaboración transfronteiriza a prol da da transición ecolóxica
Carmela Silva

A Deputación incorporará na web de ESTRAEE unha ordenanza orientativa para o cumprimento da directiva europea de xestión dos residuos eléctricos

Haberá moitos outros proxectos europeos de colaboración transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal seguindo a estela da Estratexia Sostible para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE). Esta é unha das conclusións da xornada técnica, celebrada esta mañá en formato telemático, encabezada pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o presidente do Consello de Administración LIPOR (ente de xestión supramunicipal dos residuos da rexión do Grande Porto), Aires Henrique do Couto Pereira. Na xuntanza, na que tamén participaron expertos e expertas a ambos lados da Raia, tocáronse tamén asuntos como a economía circular ou o reto da xestión dos puntos limpos a nivel supramunicipal.

Para Silva a xornada foi “moi relevante” posto que deu pé a “reflexionar sobre unha das cuestións máis preocupantes que temos sobre a mesa: como tratamos os residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos”. A presidenta provincial destacou que “foi unha idea intelixente poñer en marcha este proxecto, que xa está avanzado en moitas das súas propostas”. Exemplo destas son a adaptación dos puntos limpos, a análise do ciclo de vida das diferentes tipoloxías de lixo electrónico, “o que nos vai permitir tomar decisións intelixentes”, ou a implantación de bolsas de recursos de materias primas secundarias, coa creación dunha nova plataforma de software. Carmela Silva aproveitou a ocasión para anunciar que a partir de semana que vén estará dispoñible no sitio web do ente provincial unha ordenanza con prácticas adecuadas para cumprir a directiva europea neste eido.

O proxecto europeo ESTRAEE para xestión do 'lixo electrónico', exemplo de colaboración transfronteiriza a prol da da transición ecolóxica

ESTRAEE é un proxecto transfronteirizo que a presidenta provincial definiu como “apaixonante”. Silva prevé que haberá outros moitos proxectos que o sur de Galicia e o norte de Portugal teñan que formular conxuntamente polo que “este é o momento de sumar sinerxias”. Coa vista posta no futuro, a presidenta provincial quixo deixar claro que “non haberá unha economía potente se non está ligada ao respecto ao medio ambiente” e que “vai ser fundamental o traballo, tanto público coma privado, para tomar decisións neste entorno”. Ademais, Carmela Silva aproveitou a ocasión para lanzar unha mensaxe de esperanza nos tempos que vivimos. “Ao longo da historia da humanidade as situacións de crise foron oportunidades para facer cambios transcendentais, agora imos ter que poñer en marcha proxectos potentes de transformación onde o medio ambiente vai ter que estar presente en todas as decisións”.

Entre os expertos que tomaron palabra no encontro estivo Benjamín Augusto López Rodríguez, técnico de proxectos da Deputación, quen presentou ESTRAEE e a filosofía na que se fundamenta o proxecto. López quixo deixar claro na súa intervención que “debemos de seguir avanzando cara un novo modelo de transición ecolóxica”. No panel de debate final, expertos da empresa municipal portuguesa MaiAmbiente, de LIPOR, da Asociación Nacional de Empresas de Distribución de Electrodomésticos (ADEN) e da FEGAMP validaron os obxectivos do proxecto e concluíron na necesidade de seguir avanzando cara novos modelos de xestión supramunicipal, así como afondar no compromiso cidadán na xestión dos residuos eléctricos e electrónicos.

ESTRAEE céntrase en xestionar os recursos eléctricos e electrónicos de forma sustentable a través dunha estratexia de economía circular, na que todas as accións que se levan a cabo están interrelacionadas entre si. Gracias a este proxecto realizáronse obras de adaptación en nove puntos limpos da provincia de Pontevedra (Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Mancomunidade do Morrazo, Ponteareas, Silleda e Vilagarcía) e outros tantos no norte de Portugal.

mapa centros EstraeeO proxecto conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, o 75% de fondos da Unión Europea, e pretende dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos. A Deputación de Pontevedra é a socia líder deste proxecto europeo, financiado co programa Interreg e no que participan outras tres entidades españolas e dúas portuguesas con ampla experiencia na reciclaxe e innovación tecnolóxica.

O proxecto ESTRAEE

O proxecto europeo ESTRAEE, liderado pola Deputación de Pontevedra xunto a Energylab, Revertia, ERP e Lipor, emprega máis de dous millóns de euros para mellorar mediante obras, novos equipamentos, normativa e aplicacións, a reutilización e reciclaxe dos residuos de aparelllos eléctricos e electrónicos (denominados RAEE) en Galicia e o norte de Portugal.

ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do programa POCTEP, desenvólvese en nove ecocentros de España e nove de Portugal. O modelo aspira a converterse nun modelo en Europa da xestión responsable destes residuos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies