spot_img
InicioBaixo MiñoA campaña 'Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual' estará hoxe...

A campaña ‘Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual’ estará hoxe no Rosal

A campaña 'Agresión Off Eu digo non á violencia sexual' estará hoxe no RosalO Rosal acolle hoxe a campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, que está a percorrer os concellos galegos que forman parte da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero e que solicitaron participar nesta iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade, que se prolongará durante todo o mes.

Nas instalacións que hoxe se poderán visitar na praza do Calvario do Rosal, en horario de 16,00 a 20,00 horas, ofrécese á cidadanía a posibilidade de tomar parte en obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a covid-19. Todos os talleres son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa realidade.

Os obradoiros están divididos en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual. Entre as temáticas que se abordan destacan o desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o amor; alerta de micromachismos; a parella e a igualdade; autoestima e valoración persoal; violencia e novas tecnoloxías; educación en igualdade; e a importancia de estar informados.

A rede de entidades locais contra a violencia de xénero creouse en 2012 a través dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na actualidade hai 211 municipios adheridos que impulsan, en coordinación coa Administración autonómica, accións de sensibilización e concienciación contra a violencia de xénero, como o stand que hoxe visita O Rosal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.