Inicio Baixo Miño A praza de Abastos de Tui realiza unha campaña de recollida solidaria de...

A praza de Abastos de Tui realiza unha campaña de recollida solidaria de alimentos a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

A praza de Abastos de Tui realiza unha campaña de recollida solidaria de alimentos a favor de SOS Tomiño Baixo MiñoPraza de Abastos de Tui, en colaboración coa Concellería de Comercio e Mercado, realiza unha campaña solidaria de recollida de alimentos destinados a SOS Tomiño Baixo Miño. Na propia praza habilitouse un espazo para depositar estes produtos.

A recollida de alimentos non perecedoiros realizarase entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro. Voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño recollerán semanalmente os produtos entregados

A iniciativa parte de Flores Rita e conta coa colaboración dos praceiros e praceiras do mercado Municipal de Tui.

A campaña iníciase o 10 de decembro e desenvolverase ata o 10 de xaneiro con recollidas semanas por parte de SOS Tomiño. O punto de recollida está establecido no propio mercado municipal.

O obxectivo desta iniciativa é obter alimentos non perecedoiros que logo serán distribuídos por SOS Tomiño Baixo entre as familias ás que prestan axuda e están nunha  situación vulnerable.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, expresa a súa gratitude “polas inmensas propostas solidarias que están a xurdir entre a sociedade” o que indica é “unha mostra da humanidade que sen dúbida precisamos nesta complicada situación para superar o que nos toca vivir”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies