Inicio Baixo Miño A Guarda O Alcalde da Guarda urxe ás administracións a actuar de maneira definitiva...

O Alcalde da Guarda urxe ás administracións a actuar de maneira definitiva para evitar o deterioro do litoral na desembocadura do Río Miño

O Alcalde da Guarda urxe ás administracións a actuar de maneira definitiva para evitar o deterioro do litoral na desembocadura do Río MiñoO Alcalde da Guarda, a tenente de alcalde e o Concelleiro de Vías e Obras revisaron esta mañá a pé de praia os diferentes danos ocasionados polo último temporal que azoutou o litoral na desembocadura do Río Miño.

Na pasada noite o litoral da Praia do Muíño perdeu preto dun metro de altura de area na súa extensión por mor dos fenómenos meteorolóxicos adversos, que sumados aos ventos do sur e ás mareas vivas, ocasionaron ademais, a perda duns 30 metros da pasarela de madeira que une a zona do Puntal coa Praia do Muíño, que quedaron espallados pola praia ata a máis de 500m de distancia.

Tamén quedaron ao descuberto as tubaxes das augas pluviais, e operarios municipais procederon a retirar a pasarela de acceso directo á praia ante a falta de estabilidade da mesma.

“É evidente que a perda de area do litoral da Guarda afecta ao ecosistema dunar e milleiros de metros cúbicos das nosas praias desapareceron” indicou o edil Antonio Lomba mentres revisaba esta mañá os desperfectos na Praia do Muíño.

A situación é limite, e o Alcalde da Guarda urxe ás diferentes administracións con competencias sobre este espazo natural a tomar medidas de xeito inmediato.

O Alcalde da Guarda urxe ás administracións a actuar de maneira definitiva para evitar o deterioro do litoral na desembocadura do Río Miño

Os danos se estenden ata a zona do Codesal, onde a zona xa afectada previamente pola perda de area no lugar coñecido coma “A Noria”, continúa tamén a deteriorarse, afectando ao sendeiro que transcorre pola PR-G 160 Ruta da Desembocadura do Río Miño.

Montserrat Magallanes indicou que “é o momento de actuar se non queremos perder as nosas praias e o seu importante entorno natural, un dos maiores atractivos turísticos da comarca”.

O Alcalde da Guarda urxe ás administracións a actuar de maneira definitiva para evitar o deterioro do litoral na desembocadura do Río Miño

En xullo de 2018 chegou ao concello da Guarda o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), onde o concello defendeu que a mellor proposta que se axusta aos seus intereses é a alternativa 5, que propón a construción dun dique-espigón de “escollera” a baixa cota e lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña, cara ao este. Segundo o informe do CEDEX, xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha actuación que nunca se levou a cabo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies