Inicio Val Miñor Baiona O proxecto Alganat organiza en Baiona un taller formativo para o sector...

O proxecto Alganat organiza en Baiona un taller formativo para o sector pesqueiro

O proxecto Alganat organiza en Baiona un taller formativo para o sector pesqueiroA sesión contará cunha parte teórica de presentación do proxecto e cun exercicio no que poderán participar todas persoas asistentes.

O proxecto Alganat continúa coas actividades divulgativas organizadas para dar a coñecer non só o proxecto, senón tamén o valor das algas tanto para o ecosistema como para o benestar humano. Investigadores e investigadoras do proxecto ofrecerán este xoves 18 de xullo na Casa da Navegación de Baiona un taller formativo dirixido ao sector pesqueiro que contará cunha parte teórica e cun exercicio práctico no que poderán participar todas as persoas asistentes.

O taller arrincará ás 18.00 h cunha breve presentación para dar paso a unha charla da investigadora Marta Román sobre o papel das algas, o seu valor económico, os problemas aos que se enfrontan co cambio climático ou a necesidade de desenvolver técnicas rápidas e de baixo custo para monitorar a súa abundancia e estado fisiolóxico, especialmente en áreas mariñas protexidas como pode ser o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O desenvolvemento dunha ferramenta na que xa está a traballar o proxecto Alganat e sobre a que Juan Luís Rodríguez Somoza profundará máis durante a sesión.

Ás 19.30 horas todos os asistentes poderán participar nun exercicio práctico deseñado para este taller, que terminará entre as 20.15 h e as 21.00 h cun petisco para todos os e as participantes. Trátase dun taller totalmente gratuíto con acceso libre ata completar aforo.

Campo de probas, as Cíes
Alganat2000 trátase dun proxecto de investigación desenvolto polos grupos de Ecoloxía Costeira e Geotecnologías Aplicadas da Universidade de Vigo en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

O obxectivo deste proxecto, que realiza as súas probas con varias especies de macroalgas do hábitat intermareal rochoso das illas Cíes, é desenvolver unha ferramenta xeoespacial, innovadora e de baixo custo coa que cartografiar e monitorar de forma periódica as macroalgas e o seu estado fisiolóxico, contribuíndo a unha mellora na xestión integral do parque baseada no coñecemento. A través deste proxecto, un equipo de investigadores e investigadoras cuantifican e avalían o estado fisiolóxico de varias macroalgas in situ utilizando cuadrículas, mentres que un dron realiza a documentación cartográfica da zona de estudo a partir das imaxes tomadas por unha cámara multiespectral. Por último, desenvolverase unha aplicación informática que permitirá, a través do procesamento de imaxe, analizar a distribución e abundancia das macroalgas e o seu estado fisiolóxico. Isto supoñerá unha diminución do custo das mostraxes de campo, unha xestión global do espazo natural, unha mellora na frecuencia temporal de mostraxe e a integración de todos os datos en sistemas de información xeográfica que se poden nutrir doutro tipo de datos xeoespaciais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies