Inicio Alto Minho O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández faise transfronteirizo coa...

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández faise transfronteirizo coa Eurocidade

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernán-dez faise transfronteirizo coa EurocidadeCelébrase o 18 de agosto e conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Comunidade de Montes de Goián e da Fundação Bienal de Arte de Cerveira

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández cruza o río Miño da man da Eurocidade. Por primeira vez, todas as persoas participantes poderán crear as súas obras durante o certame nos espazos situados na contorna de Tomiño e Cerveira e que serán establecidos pola organización e comunicados aos participantes o mesmo día do concurso. O certame chega á súa sétima edición o vindeiro 18 de agosto  e todas as persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición de balde a través do seguinte enlace https://eurocidadecerveiratomino.eu/formulario-vii-certame-de-pintura-ao-aire-libre-antonio-fernandez/ ou de forma presencial o mesmo día do certame de 09.30 a 11.30 h (hora galega) na Aula Museo Antonio Fernández de Goián.

Como cada ano, este certame de pintura reunirá a unha gran variedade de artistas e afeccionados á pintura nas inmediacións do Río Miño. O certame comezará entre as 09.30 e as 11.30 h  na Aula Museo Antonio Fernández, onde a organización selará e numerará os soportes das obras e dará as directrices precisas a todas as persoas participantes.

As obras deberán realizarse en soporte ríxido como lenzo, taboleiro… de 1 cm de espesor como mínimo, en branco, sen textura e sen ningún tipo de marco. As persoas participantes terán o día dispoñible para rematar as súas creacións, que deberán entregar sen asinar e xunto co cabalete ese mesmo día entre as 17.00 e as 18.00h no Espazo Fortaleza de Goián.

Dúas exposicións

O xurado, composto por personalidades vencelladas co mundo das artes e por membros das entidades patrocinadoras dos premios, reunirase a partir das 18.00 h (hora galega) ese mesmo día para emitir o fallo media hora despois.

O Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián e a Fundação Bienal de Arte de Cerveira, entidades colaboradoras do certame, patrocinarán os tres premios do certame, un primeiro premio de 1.500 euros e un segundo e teiro premio de 500 euros.

Toda as obras participantes exporanse do 19 ao 25 de agosto no Centro Goianés de Tomiño e do 26 ao 31 de agosto na Fundação Bienal de Arte de Cerveira.

Para máis información, pódense consultar as bases do concurso na web da Eurocidade Cerveira-Tomiño (https://eurocidadecerveiratomino.eu/actividades/).

Este certame forma parte das actividades desenvolvidas pola Eurocidade ao abeiro da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies