·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e prov.O programa Itínere participa de xeito presencial no Proxecto Abeiro, ‘Auxiliar de...

O programa Itínere participa de xeito presencial no Proxecto Abeiro, ‘Auxiliar de Psiquiatría’, no C.P. A Lama

O programa Itínere participa de xeito presencial no Proxecto Abeiro, ‘Auxiliar de Psiquiatría’, no C.P. A LamaMaría Rodríguez e Marta Álvarez, responsable e técnica do programa Itínere da Fundación Érguete respectivamente, acudiron a pasada semana ao C.P. A Lama. Concretamente ao módulo Mixto, onde se realiza o segundo curso para este centro de ‘Auxiliar de Psiquiatría’, financiado por Barrié e Roviralta. Nesta sesión estiveron acompañadas por Andrea Monteiro, Subdirectora de Tratamento no C.P. A Lama, e por Teresa Delgado, única muller en Galicia que dirixe unha prisión.

Durante este percorrido, na asamblea do módulo crearon un espazo para falar, proporcionar información ás persoas privadas de liberdade sobre este curso, outras formacións e tamén sobre cuestións relevantes do centro.

Finalizada esta asamblea, as técnicas do programa Itínere prepararon un xogo con todo o módulo (sobre 30 ou 40 persoas). O obxectivo foi unha campaña de concienciación sobre saúde mental, sen esquecer dar á figura de interno/a de apoio o lugar que merece.

Desenvolvérono en tres fases: primeiro, traballando os mitos sobre a saúde mental, onde as persoas privadas de liberdade tiveron que posicionarse a favor ou en contra. O alumnado de ‘Auxiliar de Psiquiatría’, cos seus coñecementos adquiridos, puido botar unha man e desmontar certos mitos en caso de necesidade; algunhas persoas do alumnado foron elixidadas como vocales e a súa misión foi explicar ao resto en que consiste a formación e como cambiou a súa visión sobre a saúde mental ao realizar dito curso; xa no final, tivo lugar un espazo para preguntas libres sobre a formación e sobre a saúde mental.

Na segunda parte, as persoas privadas de liberdade, coordinadas polas técnicas do programa Itínere, realizaron dinámicas de traballo en equipo e finalmente resolveron un dilema moral. Isto formaba parte dunha dinámica de traballo que deu comezo a semana pasada, onde trataron os sentimentos, recoñecer as emocións no corpo, describilas e detallar o incapacitante que lles resulta o medo. Unha emoción pola que non piden axuda, non contan a verdade, ocultan cousas ou volven delinquir por non saber controlalo.

Este curso de ‘Auxiliar de Psiquiatría’ está impartido pola docente Rocío Louzao, quen o prepara para 8 persoas privadas de liberdade que, unha vez superada a formación, obterán unha titulación homologada. Con esta nova edición, a entidade social dá cumprimento ao convenio 2020 – 2023 asinado coa Fundación Barrié e a Fundación Roviralta.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade