·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo Miño17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui - Play-Doc

17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui – Play-Doc

17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui - Play-DocO día 22 de setembro arranca a 17ª edición do festival que este ano  presentará estreas mundiais, españolas e galegas no marco das súas categorías a concurso de longametraxes e curtametraxes.

Ademais das retrospectivas e programas especiais, o festival ofrece cada ano unha destacada selección do cinema contemporáneo no marco dos seus programas competitivos. É o caso da sección internacional de longametraxes, que este ano conta con cinco títulos e que Ángel Sánchez deu a coñecer esta mañá. Entre os filmes, atópase a estrea mundial de Big in China. Gorges and the Vision Machines, a última película do controvertido cineastra franco-canadiense Domininc Gangon; e as estreas españolas de Disturbed Earth (unha co-produción entre Macedonia, España e Bosnia-Herzegovina) dirixida por Kumjana Novakova e Guillermo Carreras), e Dal pianeta delgli umani, do realizador italiano Giovanni Cioni (recentemente estreada no festival de Locarno). Completan esta liña do programa No táxi do Jack, da portuguesa Susana Nobre, e Esquirlas, da arxentina Natalia Garayalde.

O vindeiro mércores, 22 de septiembre, comezará a 17ª edición del Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc. O co-director do festival, Ángel Sánchez, presentou a programación nun acto celebrado nunha das sedes principais do certamen tudense: o Teatro Municipal de Tui.

Acompañando a Ángel Sánchez, estiveron a diputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso, o xefe territorial da Consellería de Cultura, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

No marco da competición internacional de curtametraxes, o público poderá gozar da estrea internacional de Fruto do vosso ventredo realizador portugués Fabio Silva, e Baki Tadú É, unha co-produción entre India, Dinamarca e Portugal que dirixen Kate Saragaço-Gomes e Calum MacBeath Morgan.

Play-Doc tamén acollerá a estrea galega da peza española Revelaciones, de Juan Soto Taborda.

O certame tudense tamén é o lugar escollido para a estrea mundial en festivais de Paraíso, dirixida polas cineastas españolas Maddi Barber e Marina Lameiro; e as estreas en España da curta brasileira Vagalumes, dirixida por Léo Bittencourt, e da coprodución franco-suíza Zu Dritt, de Agnese Làposi e Benjamin Bücher. Finalmente, Play-Doc tamén acollerá a estrea galega da peza española Revelaciones, de Juan Soto Taborda.

As películas gañadoras destas dúas seccións oficiais a concurso, ademais da competición de películas galegas, daranse a coñecer na noite do domingo 26.

As películas gañadoras destas dúas seccións oficiais a concurso, ademais da competición de películas galegas, daranse a coñecer na noite do domingo 26. O xurado da sección de longametraxes estará conformado polo prestixioso crítico francés Ariel Schweitzer (Cahiers du Cinéma), a programadora norteamericana Nellie Killian (Metrograph) e o produtor galego Felipe Lage (Zeitum Films); mentres que as figuras que conformarán o xurado da competición de curtametraxes -así como da sección de Galicia- serán o cineasta brasileiro Helvécio Marins Jr., o director e guionista Miguel Clara Vasconcelos e a galega Elisa Pereira (La Plantación).

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies