·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona organiza unha marcha con bicicletas para celebrar o Día da Cidade...

Baiona organiza unha marcha con bicicletas para celebrar o Día da Cidade sen Coches!

A vila adheriuse a esta iniciativa no ano 2019 tras presentar a súa candidatura e xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.O vindeiro mércores, 22 de setembro, celebrarase o Día da Cidade sen Coches!, orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Movilidade, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Mobilidade, levará a cabo unha marcha con bicicletas utilizando o carril bici con saída ás 17:00 h desde o Parador ata a rontonda “ A Foz do Miñor” en Sabarís, co fin de dar valor e concienciar tanto das medidas provocadas polas emisións CO2, que se poden minimizar como o activar a saúde e contribuír a un ambiente sostible.

Os requisitos para participar na marcha son ter bicicleta e casco propios e ser maior de sete anos (os menores desta idade poderán participar se van na bicicleta dun adulto). As persoas interesadas en participar poderán facer a inscrición previa o propio mércores desde a 16:00 h no punto de saída.

Con iniciativas como esta contribúese a sensibilizar á poboación e fomentar hábitos saudables, avanzando cara a unha situación de mobilidade sostible, abordando un conxunto de propostas de actuación encamiñadas a promover a intermodalidad ao redor de formas de transporte con menor consumo de enerxía e unha diminución do uso do vehículo privado.

A concelleira de Mobilidade, Conchy Vara, e o alcalde, Carlos Gómez convidan á cidadanía “para participar en todas as actividades e a deixar por un día o coche e sumarse a este proxecto que ten como fin a concienciación.

Gómez, destacou que “nesta nova edición da Semana Europea da Movilidade volve cobrar moita importancia, organizar eventos e iniciativas encamiñadas a fomentar unha vida máis saudable, en consonancia con todos os proxectos e iniciativas do Concellos. Continua expoñendo que “o obxectivo con estas iniciativas é cambiar hábitos de mobilidade para conseguir que Baiona sexa unha cidade máis sostible, máis accesible e con menos emisións”.

A vila adheriuse a esta iniciativa no ano 2019 tras presentar a súa candidatura e xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.
- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies