·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán súmase ao Proxecto Ríos de Adega cunha limpeza preto da desembocadura...

Nigrán súmase ao Proxecto Ríos de Adega cunha limpeza preto da desembocadura do río Muiños

Nigrán súmase ao Proxecto Ríos de Adega cunha limpeza preto da desembocadura do río MuiñosVoluntariado do Concello retirou onte preto de 200 kg de lixo de Praia América-Lourido dentro do proxecto ‘Libera 1m2 polas praias e mares’

O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 18:00 horas. Os interesados deben inscribirse antes deste venres 24 de setembro ás 13:00 horas a través do formulario web www.nigran.es. O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela en Praia América ás 18:00 horas e a duración aproximada de 1,5 horas. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e auga. O Concello participa xunto a outras 50 localidades de toda Galicia e más de 65 entidades.

Os interesados nesta nova cita medioambiental deben anotarse a través da web do Concello como límite este venres ás 13:00 horas. O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela ás 18:00 horas

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Retirada de 200 kg no proxecto ‘Libera 1m2 polas praias e mares’

Por outra banda, un total de 13 persoas coordinadas desde o Concello de Nigrán participaron este pasado domingo 19 de setembro no proxecto Libera ‘1m2 polas praias e mares’ cunha xornada de limpeza matinal ao carón do peirao de Lourido (Praia América). Ao longo de hora e media retiraron preto de 200 kg de lixo, aparecendo fundamentalmente, como é habitual, moitas botellas de plásticos, microplásticos, restos de material de pesca…

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies