spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO primero fin de semana do “Pinchorriño” deixa "excelentes sensacións" entre as...

O primero fin de semana do “Pinchorriño” deixa “excelentes sensacións” entre as entidades organizadoras

O primero fin de semana do “Pinchorriño” deixa excelentes sensacións entre as entidades organizadorasHostaleiros participantes, a asociación patronal “ACIPOR” como organizadora e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal comparten “excelentes sensacións” despois do primeiro fin de semana do “Pinchorriño”.

Segundo a Asociación de Comercientes e Industriais de O Porriño os 36 locais participantes neste evento gastronómico tiveron unha grande afluencia a pesares da mala climatoloxía. “Algún deles ó venres tarde xa fixo 500 tapas, ainda que a media foi de 300 a 400 consumicións por día e establecemento”, apuntaron desde “ACIPOR”.

Lembremos que a consumición mínima é de 1,50 € e que as tapas servense os venres e sábados entre as sete da tarde e as once da noite, ó longo de novembro.

O primero fin de semana do “Pinchorriño” deixa excelentes sensacións entre as entidades organizadoras

Os clientes que participan reciben unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poden concurrir nun sorteo que este ano repartirá 4 cheques compra no comercio local por importe de 100 € cada un e, ademáis como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino”, valorada en 150 €.

ACIPOR” informou que encargara a impresión de 18.000 trípticos do “Pinchorriño” que conteñen o pasaporte e que se distribuen a través dos 36 establecementos  participantes.

Pola súa banda Sergio Casal, concelleiro de Comercio expresou “a satisfaccion do Concello pola dinamizacion que supón para a vila a celebracion do Pinchorriño que permete converter un mes morto como era novembro no mellor mes para o sector de hostalaría de Porriño”.

- Publicidade -spot_img