spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Porto de Vigo súmase ao Pacto Mundial de Nacións Unidas e...

O Porto de Vigo súmase ao Pacto Mundial de Nacións Unidas e faio público nunha xornada de traballo coa Rede de Portos Azuis da FAO

O Porto de Vigo súmase ao Pacto Mundial de Nacións Unidas e faio público nunha xornada de traballo coa Rede de Portos Azuis da FAOCon este acto, o Porto de Vigo comezará actividades de divulgación e formación nos obxectivos do milenio. Cada mes centrarase nun obxectivo e explicarase como desde Blue Growth vai contribuír na súa implementación

Revista COUSAS DE nº14

O Porto de Vigo está “profundamente comprometido” con lograr o equilibrio entre as actividades portuarias cun enfoque de sustentabilidade desde o que poder contribuír á xeración de riqueza, ao desenvolvemento das persoas e á conservación do bo estado ambiental.

Sendo consciente do seu rol como axente de desenvolvemento nas comunidades nas que opera, no ano 2016 comezou o deseño e implementación dunha estratexia de Crecemento Azul coñecida como o Plan Blue Growth do Porto de Vigo. Unha estratexia que está directamente aliñada cos desafíos de desenvolvemento e crecemento sostible da súa área de influencia e, por tanto, coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.

Dando un paso máis neste sentido, o Porto de Vigo adheriuse á iniciativa do Pacto Mundial de Nacións Unidas, coa que se compromete a apoiar e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais dentro do seu ámbito de influencia e a asegurarse de que non son cómplices na vulneración destes, a apoiar a liberdade de afiliación, a eliminación de toda forma de traballo forzoso, a erradicación do traballo infantil e a abolición das prácticas de discriminación no emprego.

De igual forma, comprométese a manter un enfoque preventivo que favoreza o medioambiente, a fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental, favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medioambiente, e traballar contra a corrupción en todas as súas formas.

A Rede Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas

Esta iniciativa da ONU que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo pretende crear un movemento global de empresas e organizacións sostibles a través de dez principios básicos para a xestión ética, que emanan de declaracións internacionais en materia de dereitos humanos, traballo, medioambiente e loita contra a corrupción.

A Rede do Pacto Mundial conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais no mundo, entre as que se atopa a española, que é, desde a súa creación, unha das primeiras plataformas nacionais do Pacto Mundial e a rede local con maior número de entidades adheridas.

Con ela preténdese proporcionar un marco baseado en principios, boas prácticas, recursos, ferramentas e networking, en definitiva, unha exclusiva e completa achega de valor que revolucionou a forma en que as empresas fan negocios de forma responsable e manteñen os seus compromisos coa sociedade.

A estratexia Blue Growth do Porto de Vigo

O Porto de Vigo foi o primeiro porto da Unión Europea en implementar, en 2016, a estratexia Blue Growth de maneira integral desde unha perspectiva holística e no convencemento de que o impulso á Economía Azul ha de realizarse desde todos os sectores con idéntica forza e ao mesmo tempo. No novo período de acción 2021-2027 do Plan Blue Growth Porto de Vigo, continuarase reforzando a metodoloxía de implementación, avaliación e comunicación. Ademais, realizouse un exercicio de revisión de novas políticas, compromisos e estratexias cara aos que debería dirixirse unha estratexia de crecemento azul, orientando esta nova década ao redor de tres eixos principais de acción:

• Eixo estratéxico do Pacto Verde: onde o Porto de Vigo centrará os seus esforzos no cumprimento do Pacto Verde Europeo e a transición enerxética e sobre a recuperación dos océanos e a mellora da biodiversidade.

• Eixo estratéxico da Dixitalización: aborda os esforzos de innovación para estender a dixitalización dos procesos.

• Eixo estratéxico da Humanización: ocuparase de avanzar na humanización das instalacións e actividades, logrando posicionarse como un porto inclusivo.

- Publicidade -spot_img