spot_img
InicioO SalnésCambadosHaya Blanco e Lúa Gándara expoñen no Pazo Torrado de Cambados baixo...

Haya Blanco e Lúa Gándara expoñen no Pazo Torrado de Cambados baixo o título “Montañas de glicosa”

Haya Blanco e Lúa Gándara expoñen no Pazo Torrado de Cambados baixo o título “Montañas de glicosa"
Haya Blanco e Lúa Gándara

A mostra inaugurarase o vindeiro venres 15 de xullo ás 20:00 horas e estará amenizada polo Dj Plastico.

Revista COUSAS DE nº14

Haya Blanco (Compostela, 1984) e Lúa Gándara (O Porriño, 1988) son as dúas artistas protagonistas desta exposición na que priman a cor e a enerxía. As dúas pintoras galegas teñen similitudes e puntos en común que provocan un diálogo moi interesante entre as súas obras, ademais de contar xa cunha ampla traxectoria artística dentro da arte contemporáneo.

Esta mostra está comisariada por José Vaamonde, quen leva xestionando o espazo desde 2010 e polo que pasaron grandes nomes da pintura galega como Laxeiro, Menchu Lamas, Liño Silva ou Antón Patiño, entre outros. “Haya Blanco e Lúa Gándara propóñennos nesta contundente e coherente mostra: unha inxección de insulina cromática, formal e meditativa a través das nosas arterias e veas, para chegar ao corazón, encher os nosos pulmóns de aire fresco e invadir o noso cerebro cun osíxeno multicolor” afirma consciente da necesidade dunha renovación pictórica xeracional nas salas de exposicións municipais.

Ademais, esta exposición conta con dúas colaboracións moi especiais: a de Milena Colella, xoieira artesanal de Cambados, e unha obra de Manuel Piñeiro Villalustre, un alumno de Lúa Gándara ao que xa podemos considerar un artista emerxente.

A mostra non deixará indiferente ao espectador, e poderá visitarse ata o 28 de Agosto, de martes a venres de 11.30 a 13. 30 e de 18 a 21 horas, mentres que sábados, domingos e festivos soamente en horario de tarde.

- Publicidade -spot_img