spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Plan de Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra achega case 1,3...

O Plan de Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra achega case 1,3 millóns de euros a cinco municipios da provincia

rGondomar-conmemorará-Día-da-Muller-III-Carreira-Prol-Corresponsabilidade
Gondomar – Parque da Coelleira

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres novas axudas para cinco concellos da provincia, cuns investimentos totais de 1.281.814,89 €.

Os municipios que percibirán os importes aprobados son Gondomar, Marín, Ponteareas, Ponte Caldelas e Vilagarcía de Arousa. Trátase de contías incluídas na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016.

No que vai de ano, o Plan Concellos dentro da súa liña 1 leva investidos 23.496.744,76 nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 85,2%. As outras liñas do Plan Concellos 2016 xa están completadas ao 100% na súa totalidade.

Ao abeiro da liña 1, Gondomar recibirá 140.626,82 € para o acondicionamento do parque da Coelleira, e con esta nova achega lévase aprobado o 82% do total destinado ao municipio no marco do Plan Concellos 2016.

O concello de Marín beneficiarase de 110.699,51 € para a reposición de pavimentos en camiños do rural, quedando así cun grao de execución do 66%.

Para Ponteareas aprobouse unha contía de 199.008,56 € para obras de humanización no Paseo Matutino, situándose así no 94,7% o grao de execución do Plan Concellos neste municipio. En Ponte Caldelas investiranse 70.000 € para o subministro de maquinaria municipal e con esta achega lévase executado o 93% do Plan Concellos.

Para Vilagarcía de Arousa  aprobáronse dous investimentos, un de 701.480 € para a construción dunha escola infantil en Vilaxoán e outro de 60.000 € que se vai destinar ás instalacións deportivas de Carril. Con estas dúas achegas, o grao de concesión do Plan Concellos en Vilagarcía queda no 94%.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.