Inicio Pontevedra Carmela Silva visita a oficina do ORAL en Nigrán a anima á...

Carmela Silva visita a oficina do ORAL en Nigrán a anima á cidadanía do Val Miñor a coñecer e utilizar os seus servizos

carmela-silva-visita-a-oficina-do-oral-en-nigran-a-anima-a-cidadania-do-val-minor-a-conecer-e-utilizar-os-seus-servizos

O ORAL recadou en 2015 na comarca do Val Miñor case 14 millóns de euros para os concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá a oficina do servizo de Xestión Tributaria e Catastral, ORAL, de Nigrán, que atende ás veciñas e veciños da comarca do Val Miñor. O ORAL xestiona o pago de impostos e taxas por propiedades tanto do propio municipio onde se atope a oficina como dos demais concellos da provincia.

A Presidenta sinalou que “estamos a visitar todas as oficinas do ORAL para coñecer de primeira man a realidade de todas elas, xa que este é un dos servizos máis importantes que presta a institución provincial aos concellos”. Carmela Silva lembrou que “para a maioría dos concellos, 52 deles con menos de 20.000 habitantes, sería absolutamente imposible xestionar o conxunto das cuestións tributarias que se xestionan dende o ORAL. Este é un servizo que garante que os concellos poidan obter os ingresos aos que teñen dereito pola vía tributaria, que serven para que fagan as políticas e os gastos que teñen que levar a cabo para garantir a prestación dos seus servizos públicos”.

Unha das vantaxes que supón o emprego dunha oficina ORAL é que, ao se tratar dun servizo centralizado da institución provincial, a cidadanía pode empregar unha oficina mesmo se quere facer trámites relativos a unha propiedade doutro concello, haxa ou non unha oficina nel. Isto é, que se unha persoa reside en Tui e traballa en Nigrán, pode facer as xestións relativas ao seu fogar na oficina de Nigrán, aínda que o ORAL tamén teña unha sede en Tui.

As dependencias do ORAL na Ramallosa reciben un importante número de usuarios e usuarias que tributan nos concellos do propio Nigrán (para o que recadou en 2015 4.589.445 €), Baiona (4.743.342 € en 2015) e Gondomar (4.229.808 €). Nigrán transferiu ao ORAL a xestión do IBI, a xestión catastral, obras e a recadación executiva. Baiona, pola súa parte, a recadación do IBI, IAE, vehículos, taxas, obras, as multas de tráfico e a recadación executiva, os mesmos ca no caso de Gondomar, agás os correspondentes por obras.

Lembramos que o ORAL é o servizo da Deputación de Pontevedra encargado de realizar a xestión, inspección e recadación de tributos e outros ingresos de dereito público dos concellos que delegan as súas competencias na institución provincial. Á súa vez, encárgase de todos os trámites e xestións relacionadas coa competencia sancionadora que lle sexa delegada, en especial a relativa ás multas de tráfico. O ORAL ofrece aos concellos da provincia a totalidade da tramitación dos seus impostos por delegación.

A sede de Nigrán ofrece servizos de información á persoa contribuínte (información tributaria, calendario fiscal, procedementos de recadación, información sobre formas de pagamento), tramitación de expedientes (cambios de titularidade, división de recibos, beneficios fiscais…), emisión de documentación (de existencia ou non de débedas, xustificantes de pagamento e relativa aos obxectos tributarios –solicitude de axudas á dependencia, de avogado/a de oficio…-) e outros, como a tramitación de expedientes catastrais ou asesoramento sobre recursos e comparecencias presentados ante a Xerencia do Catastro de Pontevedra.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies