spot_img
InicioVal MiñorGondomarMedalla de bronce para Rubén Rodríguez no II Campionato de España de...

Medalla de bronce para Rubén Rodríguez no II Campionato de España de Tiro con Arco celebrado en Aranxuez

Club-Serra-Gondomar

A competición na que conseguiu o arqueiro de Vincios a medalla de bronce, fue organizada nas instalacións do Club de Tiro con Arco Aranxuez e celebrouse o pasado día 3 de Setembro.

A competición desenvolveuse segundo normativa WA, realizáronse dous percorridos de 24 dianas cada un, a dúas frechas por diana, destes dous percorridos saldria unha clasificatoria cos resultados finais.

As divisións permitidas foron:
— Arco Long Bow (ALO)
— Arco Instintivo (ARI)
— Arco Espido (ADE)
— Arco Composto (ACO)
— Arco Recurvo (ARE)

As clases permitidas foron:
— Menor de 14 anos Muller /Menor de 14 anos Home
— Cadete Muller/Cadete Home
— Junior Muller/Junior Home

Foi na categoría reina ‘arco composto’ onde houbo unha loita de principio a fin polo 2º,3º e 4º posto xa que o Madrileño Hugo Rollan cunha puntuación de 996 puntos seria primeiro sen dar a mais mínima opción , o segundo posto levaríallo o asturiano Iker Sanchez 865 puntos, o terceiro foi para o arqueiro de Vincios, Rubén Rodríguez con 862 puntos, o cuarto Adrian Neves 858 quedaría ás portas do podio, o bronce decidiuse na última diana xa que Rubén estaba 1 punto por baixo do Madrileño Adrian ao que remonto nas dúas últimas frechas facendo un pleno.

Os participantes tiveron que soportar entre as 10 e as 3 das tarde temperaturas de preto de 40 graos.

Rubén Rodríguez “aínda bebendo moito, fíxoseme moi difícil a competición ao non estar afeito a esas temperaturas”

- Publicidade -spot_img